Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.

domingo, 10 de noviembre de 2013

Montaña artificial de la Finca Tenreiro, 1875, Oleiros

PELIGRO DE DESTRUCCIÓN DE LA MONTAÑA ARTIFICIAL DE LA FINCA TENREIRO, 1875 EN OLEIROS 
 
Dentro de nuestra jardinería histórica merece una especial atención, por su relevancia cultural, la finca gaudiniana creada por la familia Tenreiro en las Mariñas coruñesas, en el Concello de Oleiros. Capricho arquitectónico poco conocido y que alberga todo un desaforado espacio jardinístico singular diseñado para el disfrute vacacional de esta familia de la burguesía coruñesa.
 
Esta amplia finca dedicada en su mayor parte a la explotación agraria acoge sin embargo en su ámbito doméstico un rico programa arquitectónico, todavía conservado intacto, poco común en Galicia y que por su exuberancia constructiva nos remite  a su ilustre parque contemporáneo  enciclopédico del Pasatiempo, en Betanzos (BIC en la categoría de Jardín Histórico).
 
La montaña artificial levantada en el extremo norte de la finca, en su punto más elevado, constituye el único ejemplar de esta tipología que se ha conservado en Galicia.
Se trata de una montaña artificial, construida con rocalla (y originalmente desnuda de arbolado) de planta circular, y con diez gradas escalonadas y concéntricas que coronan una altura aproximada de 14m. (en realidad podría asociarse mejor a una estructura piramidal de ascendencia precolombina dada la filiación de la familia con América). Se conocen otros casos similares en Galicia, todos perdidos y llorados (por la historiografía de los jardines en España), lo que convierte a esta peculiar topografía en una ilustre superviviente de los parques eclécticos gallegos.
En estos momentos, puede decirse que o bien es una suerte de nuestro patrimonio cultural que haya sobrevivido hasta ahora, o bien que es una desgracia sufrir su  previsto desmonte. (por parte de la Administración Pública).
 
Como se suele decir siempre, No es responsabilidad de los bienes culturales resolver los problemas de la ciudad contemporánea. Si el Concello de Oleiros tiene carencias en infraestructuras educativas, estas no deben resolverse desde luego a costa de la destrucción de un bien cultural. Antes bien se debe fomentar su estudio y conocimiento como una figura clave de la arquitectura de jardines, y desde luego emprender su restauración.
  
El jardín se organiza principalmente en torno a una pequeña quinta de recreo orientada al mediodía y con una extensa galería de la que baja la escalera formal de acceso. Frente a ella y siguiendo el eje de su fachada, se construye un gran estanque circular excavado en el terreno con doble embarcadero en los extremos (al norte materializado como gruta artificial subterránea; y exterior al sur); y con alto chafariz central de ladrillo con tazas y hornacinas para alojar macetas y flores. Otro estanque de planta cruciforme se oculta tras los setos laterales sirviendo de posible aliviadero.
 
La finca cuenta además con otras edificaciones adjetivas como la alineación dispuesta en el muro sur de construcciones dedicadas a cocheras, pajar, aperos... y vivienda del hortelano, que sobresale en altura y crea un nuevo eje organizando la finca productiva..
En los terrenos laterales a la casa se ordenan planos rectos con muros de contención decorados con conchas marinas formando motivos geométricos; setos de boj (parcialmente destruidos); y otros estanques de dimensiones menores bajo los paseos de las terrazas. Un depósito que surte de agua a casa y estanques -de planta circular y cubierta piramidal en curva- aparece en solitario en medio de unos castaños.
La montaña artificial es una de los elementos más destacados y sorprendentes dentro de la finca. Esta estructura topográfica se convierte en el techo del jardín y en una pieza de verdadera singularidad dentro del mismo, De especial atractivo y contundente presencia, esta construcción es capaz de aportar nuevos significados al jardín introduciendo lecturas espaciales llenas de misterio que remiten a leyendas presentes en el imaginario colectivo de las personas que recorren y ascienden por su mole. Y que sirve además de contrapunto al medio marino representado por el gran estanque circular de la entrada, brindando así un programa muy coherente y complejo, poco común e nuestra jardinería histórica.
En cuanto a las principales especies vegetales la finca cuenta con tejos centenarios, criptomerias, araucarias, palmeras canarias, trachycarpus, cipreses, magnolios, un bosquete de acacias negras, alineaciones de camelias, setos de boj formando carreras, castaños,... así como un pomario con diversas especies como naranjos, manzanos...
 
Espacio singular de nuestra arquitectura del jardín:
Promotores: Vicente Tenreiro Vázquez y Esperanza Arias Vázquez
Situación: Vilanova, San Pedro de Nós, Oleiros.
Año: 1875
Montaña rusa de la Finca Tenreiro de Oleiros en peligro de desaparición

lunes, 21 de octubre de 2013

Xardíns do pazo de Mariñán, Bergondo

Xardín barroco de fináis do século XVIII que perteneu aos marqueses de Mos. Construido sobre bancais  aos pés da ría betanceira, o xardín principal se organiza tomando como punto de partida unha mal colocada escaleira monumental -retorta respecto á casa- que serve ao xardín unha cuadrícula de organización para erguer o tapiz de buxos.
 
Esta escaleira de granito de dúas ás e voluptuosa balaustrada, está construída con fontes muráis nos descansillos, e xarróns e bustos na súa coroación, constituíndose pois toda ela coma un verdadeiro artefacto hidráulico suxerente e dinámico, que serve de miradoiro e punto dominante para este tramo do xardín.
O eixe monumental baixa ao plantel e se deprega por entre a masa de buxos ata o centro formado por una praciña ou rotonda de palmeiras datilíferas ocupada por unaha fonte  con pía circular e chafariz metálico. Este eixo remata físicamente no pequeno cenador octogonal de madeira -cuberto cun rosal trepador-, no límite da plataforma ou bancal, aínda que a súa conclusión esténdeo ata a paisaxe de marismas e chega ata a beira de Paderne.
 
A supeditación inequívoca da escaleira á traza do xardín xeométrico, indica a relevancia deste repeito á fábrica do pazo, polo tanto se trataría dunha preexistenza física anterior ás obras de reforma barroca da escaleira, en tanto que se sacrifica a súa integración co pazo antes que comprometer a súa articulación co xardín.
 
Relación do pazo co xardín de parterres

Os dous trazados románticos que flanquean a cuadrícula de buxos, funcionan asimesmo como bosquetes laterais deste xardín xeométrico, e fomentan, por contraste, o seu desafogo espacial. Se a parte central se alimenta cun predominante cultivo a base de buxo e mirto fundamentalmente; os xardíns laterais se enriquecen cunha variada floresta que enche un espazo denso, de percorridos envolventes e que concentra a atención na súa masa impenetrable composta por una salientable colección vexetal.
 
O protagonismo do tapiz verde serve para compensar, en certa medida, a espectacularidade da paisaxe da ría. Abandoado pois, ista acompaña en serenidade aos paseos lonxitudinais polo límite da propiedade e así desfrutar do lento corpo do mar adentrándose en terra firme.
No paseo do muro sobre as brañas, destaca en soedade o ciprés de Portugal maxestoso exemplar para o fondo da ría, ao pé dun pequeno recanto-miradoiro.
 
A carballeira, a estensa horta e outros trazados xardinísticos con incorporacións recentes de arte contemporánea, completan os espazos do amplo recinto intramuros.
.

Sección central do parterre coa ría de Betanzos ao fondo, visto dende a escalinata barroca do pazo
Cuarteirón suroeste con cadros de figuras de flores, estrelas, escudos heráldicos e lenda debuxados con buxo
Vista do xardín romántico e de parterres dende a escaleira



  

Bibliografía:
-SANCHEZ GARCÍA, J. A., Xardíns das Mariñas, (2008), Fundación Juana de Vega/Asociación G.A.L Terra das Mariñas.
-MARTÍNEZ BARBEITO, C., Pazos, torres y linajes de la provincia de La Coruña, (1986), editorial Everest.
-RODRIGUEZ DACAL, C., e IZCO, J., El pazo de Mariñán. Plantas, jardines y paisaje, (1997) Diputación da Coruña. 




lunes, 23 de septiembre de 2013

Xardíns do sanatorio de Oza, A Coruña

Farolas modernistas no miradoiro do parque
Xardíns compostos a principios do século XX na honra do director xeral de sanidade Manuel Martín Salazar. Os trazados de parterres baixaban desde o portalón de ingreso, diante da casa da portería, ata os propios pavillóns do sanatorio. 

O vial de acceso dividia orixinariamente en duas partes o trazado de buxos. No centro de todo o conxunto áchase a pequena imaxe clásica do espiñario levantada sobre un pedestal cúbico. En torno a esta figura dispóñense os catro cadros de buxo circunscritos nun contorno triangular e no que se erguen as árbores ornamentais do parque: palmeiras canarias, camelios, drácenas, cedros. O outro trazado de buxo colindante ao sur, desapareceu coa construción do novo volume do sanatorio a finais do século XX.

O homenaxeado doutor Salazar aparece no parque nun busto de bronce incorporado a un banco de fábrica de estilo ecléctico seguramente construido polo propio Pedro Mariño nomeado na placa dos oferentes.

O Espiñario no parterre da entrada
No resto do parque, en forte declive cara o mar de Oza, plantanse un bo número de eucaliptos e mimosas enmarcando desde os camiños as vistas ao porto e a cidade. Porén a desaparición dos barracóns deixou no centro un vacio convertido agora nunha estensa pradera verde.

A riqueza cultural deste espazo inclue unha igrexa románica, restos dos baluartes defensivos da costa coruñesa, o parque hospitalario modernista, o pequeno faro de Oza, os paseos de plátanos do camiño das Xubias,  e sobre todo a paisaxe -algo degradada non obstante- das instalacións do porto, a nova praia artificial,  etc
Banco de Pedro Mariño co busto de Martín Salazar
 

martes, 13 de agosto de 2013

Xardín da villa Rosina, Bergondo

Xardín de villa suburbana, de finais dos anos vinte, ao pé da estrada N-VI ao seu paso polo núcleo de Guísamo en Bergondo, constituíndose como un modelo e experiencia urbana de villa trasalpina -exemplo con pouco predicamento en Galicia- o que a convertía nunha rareza da nosa arquitectura histórica do século XX, e de dificil compresión a súa perda.

Alzado xeral do xardín da villa Rosina, Guísamo
A arquitectura rexionalista alpina con tellados saíntes de cornisas de puntais, e corpos superiores con enlistados de madeira nas fachadas, fora xa incorporada a proxectos de Eloy Maquieira na colonia chamada de Casas Baratas en Lugo construída a finais dos anos vinte; ou Antonio Tenreiro no seu proxecto para a colonia de vivendas Concepción Arenal no entorno da praia de San Amaro en 1929-1930 na Coruña.

Recanto de entrada sobre o xardín de villa Rosina
destruído en 2013
 No noso caso tratábase dunha fermosa construción, ou pequeno chalecito -de planta baixa e baixocuberta- dotado de forte personalidade: co seu perfil de cubertas cambiantes, e sobre todo o colorido azul do seu entaboado de fachada e carpinterías, conformándose como unha das escasas mostras pois, deste tipo de arquitectura en Galicia.

A posición central da casa na parcela deixaba sitio para un pequeno xardín organizado con sebes de buxo, e dominado nos laterais por un castaño e un aligustre de grande porte. En época posterior foron plantadas as dúas palmeiras canarias na parte posterior da finca. No resto desenvolvíanse abetos, camelios, aucubas, trachicarpus...

A destrución deste pequeno chalet e xardín non deixa de amosarnos unha situación, de dificil comprensión, que se vive con certa asiduidade co noso patrimonio cultural.

O chalé Cortés situado na beira de enfrente -como marca xardinística máis destacada- xunto á rica arquitectura ecléctica e xardíns de Guísamo fan  deste un entorno urbán salientable que paga a pena protexer e mellor coidar.

martes, 2 de julio de 2013

Destrución do xardín de Irmáns Labarta de Noia

O Concello de Noia destrúe un xardín histórico, ca. 1907, atribuído a Jesús López de Rego, para abrir unha rúa.
Conseguirá deste xeito, dentro de un par de días e en aras do interese xeral, obter un tramo de rúa cheo de coches estacionados . Un novo exemplo de perfecta conservación do patrimonio cultural galego.
O día 28 de xuño comezaron as obras de destrución do fermosos xardín  cos seus trazados xeométricos de buxo e as súas árbores centenarias, derribando o groso muro de pedra co seu paseo lateral en pérgola, que illaba a frondosidade do xardín da rúa Pintor Xenaro.
Entrada da dministración Pública no patrimonio cultural galego

lunes, 1 de julio de 2013

Rosal do monumento a san Francisco, Santiago de Compostela

    ROSAL DE SAN FRANCISCO
Francisco Asorey, Monumento a san Francisco, 1926-1930, Santiago de Compostela

O monumento a san Franciso pódese describir como unha estrutura piramidal formada por unha acumulación de pedras, que crea unha composición rocosa de sillares aos que se encarama o santo a predicar. Aos seus pés e mimetizados coa rocha acoden reis, bispos, e demáis pobo llano, xunto a diversos animais salvaxes e domésticos entre baixorrelevos vexetais.


Esta estructura arquitectónica tan potente ten o su complemento no pequeno rosal que abraza a base do monumento e coida a predicación do santo. A restauración da obra de Francisco Asorey que se está levando a cabo terá que dar conta e velar pola integridade desta obra de arte como suma dos seus valores inmateriais outorgados ao longo do tempo, e non contemplar únicamente -de forma reducionista- a obra de canteria.

Neste senso a cobertura vexetal non ataca, non compromete nin debilita, senón que subraia o seu carácter de obra popular viva que é froito da devoción ao santo. A masa vexetal disposta como unha coroa arredor do talle pétreo naturaliza o monumento, equilibra a súa masa e reforza a letura da obra de Asorey servindo de contrapunto á masa dura do granito.

A mata verde do rosal que circunda a base do monumento, é o monumento, e parte indisociable do mesmo dende hai décadas. Tamén neste sentido, pódese entendelo rosal como unha trasposición das ofrendas, (flores, velas, ex-votos e demáis obxetos de devoción) que aínda se poñen aos pés dos cruceiros e que por tanto conforman a súa propia imaxen. Por eso mesmo comprendela significación destas formas e usos, faise necesario para unha mellor conservación da obra de Asorey e a memoria histórica do monumento acumulada ao longo do tempo.
A forza do rosal protexe ao monumento, cúbreo e peitéao de flores e funciona coma un manto vexetal capaz de incorporar novos significados.

 A conservación da mata da roseira vese máis que nunca necesaria para conservala memoria histórica do monumento acumulada ao longo do tempo, entendido este conxunto como un organismo vivo do que participa no tempo a natureza cambiante.

martes, 11 de junio de 2013

Parque do balneario, O Carballiño

Instalación do Gran Balneario do Carballiño, situado na propia vila, á beira esquerda do río Arenteiro, conformando un estenso parque decimonónico curativo e de lecer arredor das augas milagreiras coa espectacular paisaxe fluvial do rio construido tamén como un recurso arquitectónico máis do propio parque. 

Vista do edificio principal dende a pradeira



Un portalón de pedra con arco de metal publicitario introduce ao doente no parque que descende en suave pendente dende o centro da vila ata o cerne do conxunto termal. O acceso faise a través dunha frondosa carballeira pola que discurren os paseos de plátanos que se dirixen á fonte do manancial e ao propio baneario.
O parque organízase en torno aos dous edificios que compoñen o conxunto principal: o manancial e a casa que acolle a terapia médica.

Está constituido por un xardín formal de conos de cipreses, arrentes do edificio principal; o estanque ovoide de san Roque encastrado ao pé da carballeira, e con bancos de pedra ao redor; a pérgola de glicinias que cobre o paso entre balneario e manancial; o parterre da roseira xunto á entrada; a pradeira de céspede na fachada do mediodía; a praza de medialúa con rotonda de plátanos de acceso á fonte; o miradoiro nun alto sobre o Arenteiro cun banco corrido no peto; os paseos arbolados de plátanos con bancos e mesas de pedra espallados por todo o recinto; e sobre todo o rebuldeiro discorrer do rio coa impresionante formación da fervenza.

Pérgola de glicinias
A pesar do acoso urbano do Carballiño, o parque conservase en perfecto estado e preséntase como un dos máis fermosos de Galicia dentro do seu xénero.

Á calidade arquitectónica dos edificios súmase o engado natural da paisaxe co bosque de ribeira de ameneiros, sabugueiros, carballos que enlazan co parque municipal carballinés augas abaixo.

Plano xeral do parque do balneario

viernes, 26 de abril de 2013

Xardín e casa Becerra, 1939, Vilagarcía de Arousa

Xardín e vivenda racionalista construídos para a señora Becerra Malvar como residencia estival no barrio da Prosperidade no ano 1939 polo arquitecto pontevedrés Juan Argenti, constituídose nun dos valiosos exemplos de vivenda unifamiliar que construíu o Movemento Moderno en Galicia, e unha das escasas mostras que aínda se conservan. Con case 75 anos de antigüidade esta mostra arquitectónica da vangarda internacional dos anos 30 mantén intacta os seus valores e riqueza plástica, e se constitúe como un brilante episodio do patrimonio cultural galego agora de novo en perigo.

Sección transversal do xardín, pormenor

A casa construíuse no barrio histórico chamado da Prosperidade conxunto urbano en torno á estrada que une Carril con Vilagarcía e veciña dun importante conxunto de villas decimonónicas que arroupaban ao desaparecido balneario da Concha e a súa famosa praia de Compostela ás cales queda ligada formalmente formando un conxunto urbano interesante e coherente.
 
Estas villas do barrio da Prosperidade son un exemplo dunha nova forma de entender a cidade termal-sanitaria e o veraneo saudable: con un novo fragmento urbano despregado en paralelo ao mar e ó seu grande balneario disposto horizontalmente con unha arquitectura pacega para tomalos baños con decoro.
A benignidade do clima, a beleza da ría, o desenvolvemento do seu porto comercial e o impulso das novas infraestruturas ferroviarias, atraeu dende finais do século XIX a atención da sociedade burguesa que empezou a construir a modo de hotelitos con xardins as súas vivendas en torno á estrada que unía Carril con Vilagarcía conformándose como rúa central a actual avenida Rosalía de Castro. 

 
O xardín é unha das pezas importantes da casa. OrganÍzase de tal modo que envolve o volume da edificación, resolvendo os sinxelos percorridos funcionais polo interior da parcela.
Conserva unha farola modernista de fundición pintada de branco ao igual que o resto da casa e reutilizada para o ámbito doméstico; e dúas mesas de pedra circulares con ricas molduras situadas en distintos puntos do xardín. A masa vexetal presenta a flora típica da xardinería ornamental galega, na que destaca un plátano centenario no xardín posterior, e un álamo no dianteiro. Pero sobre todo se trata dun pequeno xardín composto por sebes de buxo, maceteiros de fábrica pintados de branco con diversidade de plantas vivaces, xeranios, hortensias, aucubas, glicinias e diversas enredadeiras trepando polos lenzos brancos dos seus muros.


Perfecta integración no barrio da Prosperidade, 2002

A petición de esclusión deste ben, do patrimonio cultural galego terá que dar conta de cales son as determinacións que agora se invocan para levar a considerar que non se cumpren as condicións polas que fai apenas 13 anos esta vivenda e o seu xardín merecían ser protexidos e conservados. Dado que ademáis a vivenda se atopa en perfecto estado de conservación e mantén intacto o seu valor como fai 75 anos cando foi construida. Non así o seu xardín tralas talas sufridas no seu arbolado nos últimos anos, a pesar da proteción expresa que se sinala na súa ficha de catálogo.
 
A leI ten en conta o acceso dos Poderes Públicos á responsabilidade de conservar e acrecentalo patrimonio histórico. Ao ser polo tanto un legado patrimonial que se vai incrementando co paso do tempo, sorprende o signo contrario hacia o que vai encamiñada esta descatalogación.
 
Descatalogala edificación para a súa posterior demolición supón desprenderse dunha das escasas mostras de vivenda unifamiliar da arquitectura do Movemento Moderno que se chegaron a construir en Galicia nos anos 30 nunha contorna urbana exclusiva de residencias estivais construidas pola nobreza e alta burguesía en torno á praia da Concha e de Compostela, das que esta vivenda constitue unha “rara avis” perfectamente integrada no entorno e culme final do fenómeno de turismo e veraneo da belle epoque, antes de dar paso aos novos fenómenos urbanos da segunda metade do século XX derivados do turismo de masas, coas novas tipoloxías de grandes bloques de apartamentos que comezaron a sustituir ás villas de recreo. Aspecto que seguirá producíndose con este primeiro paso de descatalogación.

Por outra banda habería que contemplala redacción dun Plan Especial de Conservación e Protección para este ámbito do barrio da Prosperidade que ordease os usos e novas edificacións, controlando o esceso de edificabilidade que dana a súa estrutura histórica (exemplo paradigmático é a villa Güimil), e evitaría as perdas do seu tecido edificado e xardinístico.
Vangarda arquitectónica dos anos 30

lunes, 1 de abril de 2013

Cactus do Milladoiro, Ames

Dentro do arbolado urbano accidental no núcleo do Milladoiro destaca con personalidade propia, e en soedade no medio da beirarúa, o cactus columnar de Muebles García: coa forza da súa masa vexetal, o seu desenvolvemento vertical, as nervadas engurras do seu tronco, e a súa prótese- muleta. 

Echinopsis
Pode ser cosiderado como un éxito do espazo urbano non proxectado, emblema do Milladoiro dende fai décadas e resistencia cultural do pobo que o coida e aprecia. Moito máis considerando a presión do mobiliario urbano e o acoso edificatorio que o afecta.

Plantado orixinariamente para servir de axardinamento á fronte do establecemento  comercial, conservouse tralas obras de ampliación das beirarrúas sendo o seu defensor o aprezo xeral da comunidade, o mesmo que o preserva actualmente.
Os peóns arrincan esquexes do seu tronco, e ten fillos espallados por toda a bisbarra, pervivindo a vinculación persoal de moitas xentes coa planta.

A floración  espectacular que o recubre na primavera é agasallo engadido para os peóns, que máis se cabe, atopan na planta os afectos urbanos que o convulso tráfego da estrada nacional non lles proporciona.

martes, 26 de febrero de 2013

Xardíns da marquesa, San Sadurniño

Xardín inglés de finais do século XIX, no pazo de San Sadurniño no lugar do Casal. Construido nas suaves ladeiras do río Grande de Xubia disponse tralas fachadas do pazo e convento familiar nunha ampla pradeira da que emerxe a fermosa arboreda do parque, incorporándose á paisaxe agraria do bosque e prados de ribeira.

Vista xeral do xardín co lago do illote, e pedestal con xarrón restaurado. Ao fondo a introdución da paisaxe nos xardíns

Recentemete adquiridos polo concello, aborda este agora o reto da xestión dun parque histórico ao converter este ben cultural nun parque municipal aberto ao público. Polo tanto é importante que a estrutura institucional que agora o vai habitar preserve os seus valores paisaxísticos e evite o esceso que por exemplo o uso masivo dun mobiliario alleo ás características do parque poida causar. 

A marquesa promoveu en Madrid a construción do monumento ao Sagrado Corazón de Xesús en Xetafe obra de Aniceto Marinas e Carlos Maura en 1919: e á súa propiedade pacega trasladou copia un ano despóis colocándoa nunha illa do estanque superior. Agora esta peza importante do xardín corre o risco de desaparecer del. Cómpre entendela singularidade desta peza na historia do xardín e desde logo protexela súa  integridade, tendo en conta ademáis que é unha obra senlleira da escultura pública de principios do século XX instalada nun pequeno xardín privado.

O parque estruturase cunha sucesión de tres estanques que acompañan ao paseo por entre as árbores. O primeiro máis próximo á casa é circular e co mencionado monumento ao Sagrado Corazón; o segundo descompón a súa forma nun óvalo con tres escalóns en cascada; e o último xa presenta unha formato liberado da xeometría formando unha lagoa irregular con illote no medio, e bordes de rocalla. 

Entre o arborado existente destacan os grupos de camelios, magnolios, trachycarpus, as aliñacións de plátanos, cipreses e sobre todo as cinco grandes palmeiras canarias que forman o teito do xardín. Todo nunha disposición de masas estudada para configurala paisaxe do xardín, e ser contemplada desde a solaina do pazo. Os trazados dos paseos circulares que discorren envolvendo espazos, acompáñanse de xarróns levantados sobre pedestais, ata chegar ao portalón de ferro de saída esterior á veiga.

Axonometría do xardín
Restos conservados do uso agrario da veiga, anterior á transformación paisaxística do xardín, son os galpóns anexos e horreo na parte alta da finca, xunto á estrada, e que é necesario rehabilitar como un dos elementos importantes da mesma.

O proxecto paisaxístico da marquesa, máis ambicioso que o estrictamente referido ao xardín do seu pazo, incluía ademáis diferentes actuacións polo territorio circundante: no propio río Grande de Xubia, e sobre todo nos chamados Montes da Marquesa. Estes bosques de varias hectáreas de superficie de masa forestal estaban sendo repoboados con gamos e pavos reais, entre outros agasallos reais, para disfrute pintoresco e cinexético da aristocracia que visitaba o pazo. Do que dan fe as tarxetas postais impresas da época que aínda se conservan, pioneiras na descrición deste mundo de lecer e da súa paisaxe: Parque e casa; Ponte da marquesa; A cascada; Avenida do bosque; Fraga nas posesións dos duques; A fraga e o carballo da condesa... actuacións coidadosamente reflectidas nestas mostras colombófilas da época.

A adscrición deste proxecto paisaxístico ao ambiente cortesán de Madrid é indubidable, como proba a intervención de Aniceto Marinas como escultor nel, e incluso Asterio Mañanos como pintor encargado de decorar o interior do pazo con reproducións dos Velázquez instalados na Torre da Parada mostrando os retratos de Felipe IV e o prícipe Baltasar Carlos como cazadores. Determinacións que fixan as aspiracións e o carácter das posesións desta nobreza rural.
Abordar finalmente a recuperación deste xardín debe ter como punto de partida un estudo completo e riguroso do mesmo, rehabilitando os camiños orixinais do parque, replantando os macizos de flores de borde dos parterres, recuperando a traza do pequeno xardín do patio interior, e levando a cabo a reintegración do arbolado perdido. Así como non introducir elementos discordantes que lesionen a apreciación e letura deste ben, como son os novos camiños en liña recta que atravesan agora o parque, inéditos desde logo neste parque pasisaxístico.

Destacar por último no cercano mosteiro do Rosario a gran escaleira barroca da horta que baixa desde a fachada do mosteiro ata a fonte, formando unha resolta e contundente escenografía.

Bibliografía:
-   MARTÍNEZ BARBEITO, C., Torres, Pazos y linajes de la provincia de La Coruña. León
-   http://ofacistol.blogspot.com/
-   http://secundinogarciacasal.blogspot.com.es/

lunes, 28 de enero de 2013

Xardín da villa Milagros, Vilagarcía de Arousa

Xardín decimonónico, finca de recreo da familia Calderón en Vilaboa. Forma parte dun interesante conxunto arquitectónico formado por seis vivendas burguesas emprazadas en amplas fincas ao pé da ría de Arousa entre Vilagarcía e Vilaxoán. A construción da vivenda estival faise nun balcón sobre a praia, brindando o acceso e cara principal á ria.
Desde o portal de entrada -no núcleo de Vilaboa- a avenida principal desdóbrase en dous brazos arborados de plátanos que rodean á villa. Líneas inclinadas e curvas das ramplas-paseos que desembocan diante da fachada do mar.
A propiedade alóngase cara a punta do Ferrazo limitando co mar nun alto muro abalaustrado rematado no seu punto esterior cun interesante cenador de ferro de planta circular e cupulín nervado de remate.

O forte declive do terreno fai que practicamente a única superficie plana sexa a estreita banda do balcón sobre a praia, que se axardina formalmente con cadros e borduras de buxo e paseos de loureiros.

A finca non estimula un percorrido polo propio xardín, xa que posto que a casa está concebida únicamente para ser contemplada desde o mar, se lle dá prioridade a esta relación e á presenza do macizo de Xiabre ao lonxe. É curioso que empapada e saturada da presenza da ría, quedase ista agora reducida á tranquila balsa actual, vital para manter o seu reflexo no espello.

Como era habitual en moitas destas casas a fachada principal flanquéase con dúas palmeiras canarias, das que hoxe subsiste unha. A cercanía da casa acolle as principais especies ornamentais do xardín (trachicarpus, plátanos, magnolios, teixos, tilos, camelios... en pequenos trazados románticos de buxo hoxe parcialmente desaparecidos), mentres que o desnivel do monte recibe a masa xeral disposta do pinar.

A parte superior da finca reservase ao ámbito doméstico e de servizo, cos edificios das cocheiras -xunto ao portalón de entrada- as vivendas dos caseiros, lavadoiros e outras dependencias. O campo horticola desta zona queda separada dos paseos por unha parede vexetal de loureiros.

Cenador de ferro sobre a ría, constituido xa coma unha icona urbana da vila
A pesares do seu estado de abandono a finca aínda conserva parte dos seus elementos orixinais máis significativos como as luminarias de ferro fundido, a pequena casa dos botes para dar paseos pola ría, os dous portalóns cos enreixados e os anagramas familiares, e sobre todo o fermoso miradoiro de ferro estratéxicamente situado e convertido nunha das iconas da fachada atlántica urbana de Vilagarcía.

O valor paisaxístico deste conxunto de fincas é indubidable e mantén unha rica tradición residencial  ao borde do mar, xa comezada co pazo de Vista Alegre das que estas edificacións, salvando as distancias, poden verse como sucesoras.