Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.

miércoles, 22 de noviembre de 2023

Homenaxe do concello de Mondariz Balneario á plataforma cidadá en defensa dos seus xardíns históricos!

SOS Xardíns Mondariz Balneario, 2023


Case dez anos transcorridos trala perigosa tentativa do entón goberno municipal de recalificar parte do xardín histórico do Gran Hotel para, nunha maniobra de  especulación urbanística, construír no bosque centenario tres bloques de vivendas; o actual grupo de goberno recoñece o traballo da plataforma SOS Xardíns en defensa do patrimonio cultural e nomea aos seus integrantes, a título persoal, "membros honoríficos da corporación municipal"


A homenaxe contou coa instalacion dunha placa no bosque en recordo dos feitos


Parabéns a todos e gracias ao concello pola súa sensibilidade polo patrimonio cultural!

sábado, 19 de agosto de 2023

Flor e acanto

 Flor e acanto, 2023

Intervención artísitica no CGAC de 

Almudena Fernández Fariña




lunes, 3 de julio de 2023

Reloxo e calendario florais nos xardíns de Méndez Núñez, A Coruña



Un dos mellores exemplos de calendario e reloxo vexetais construídos nos xardíns de Galicia pódense ver en Méndez Núñez na Coruña. Iste artiluxio mecánico-floral sorprendennte, dá a hora, amosa o mes e o dia da semana co arrecendo e as cores das flores no espazo público dende a metade do século XX en que foi importado seguindo a moda dos principais axardinamentos europeos.

Reloxo floral nos xardíns da Coruña
Trátase dunha esfera finxida que reproduce o corpo dun reloxo circular cos números de buxo entre areas de cores, e dúas manecillas de ferro pintadas de vermello. Todo inclinado nun pequeno promontorio de terra para ser visto dende o paseo lateral dos xardíns, e ocultala maquinaria baixo o chan.


viernes, 12 de mayo de 2023

"El jardín del conde de Monterrey. Arte, naturaleza y panegírico"

 LIBRO

-PONCE CÁRDENAS, Jesús e RIVAS ALBALADEJO, Ángel


Sextinas descriptivo encomiásticas de Juan Silvestre Gómez ao seu patrono Manuel de Zúñiga a partir do seu xardín napolitano de Madrid en 1639

Trala estancia de dous lustros en Italia como embaixador de Roma e virrei de Nápoles o conde de Monterrei volta á corte e reforma a súa casa de recreo no Prado Vello de San Xerome para actualizala á maneira das vilas italianas cun xardín no que instalar a súa prezada colección de arte e mármores importados de Xénova. Finalmente o crego que traballaba como capelán ao seu servizo Juan Silvestre escribeu un dos poemas xardíns para describir a fazaña edilicia e loar ao seu aristócrata patrono.

Na metade superior da imaxe, xardín do conde de Monterrei na rúa Árbore do paraíso, entón rúa dos Xardíns e traseira ao Prado Vello de San Xerome no plano de Madrid de Pedro Texeira. Fragmento da folla 14 (Fonte: Biblioteca Nacional)


 

jueves, 6 de abril de 2023

Parque Rosalía de Castro, 1921, Lugo

 PARQUE ROSALÍA DE CASTRO

Nunha plataforma horizontal denantes da caída en pendente cara o rio Miño, o parque Rosalía de Castro deseñouse na comodidade dun plano sen accidente ou obstáculo algún e se converteu no miradoiro e balconada do principal rio galego. A monumentalidade da pérgola art deco de Eloi Maquieira intensifica esta relación do parque co Miño, un espazo que refulxe no solpor final do día matizado polo azul Klein do ceo de pontóns de formigón pintado.

Pérgola na esquina sureste con vistas ao rio Miño

O peche do parque reorre a un sinxelo parapeto de sebe de ligustres evitando a ríxida barreira de fábrica ou forxa, erro que cometeu por exemplo o xardín botánico de Padrón nos anos 90 do século pasado, que non soubo valorar os muros vexetais. Porén a monumentalidade si queda evidentemente marcada na puntuación dos esveltos obeliscos  brancos que se utilizan como luminarias e que son un dos sinais de identidade deste xardín.

Maqueta de España e Portugal, 1929 da Casa Hepzos

Baixo un pombal e resgardado nun pavillón octogonal agarda unha das sorpresas do parque: o mapa en relevo da península ibérica do ano 1929 e fabricado segundo o relato do concello de Lugo na Casa Hepzos. Esta atracción xeográfica que contaba con iluminación propia relativa ás cidades e ós faros é unha agradable mostra da vocación educativa do parque.

Estanque dos patos

O xardín estrutúrase cun trazado principal de paseos en aspa que, dada a irregularidade do trapecio, non coincide en dúas das súas puntas, e que ten un centro marcado mediante unha grande rotonda con fonte e parterre.

A obra escultórica máis senlleira é a do monumento ao alcalde Ánxo López Pérez, de 1958 obra de Francisco Asorey cunha sorprendente figura alegórica moi humana na expresiva xestualidade de brazos e pernas.

(Fonte da información: Concello de Lugo)

sábado, 14 de enero de 2023

O parterre barroco de San Lourenzo de Trasouto no Anuario Brigantino

Xardín do pazo de San Lourenzo

Anuario Brigantino, núm. 44 

 Descargue o exemplar de balde en:
 https://dialnet.unirioja.es/ejemplar/618703