Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.

sábado, 18 de diciembre de 2021

Horta de Santa Clara, Pontevedra, s. XV-XVI. Expolio histórico na cidade do Lérez

Apertura pública da horta històrica do convento franciscano  de clarisas trala adquisición polo concello por máis de 3 millóns de euros e o seu reverso patrimonial co expolio dos bens culturais do predio!: desmenbramento dos retablos, desaparición das imaxes estofadas, que foron arrincadas e separadas dos anxos que non puideron ser movidos a golpes; mutilación da fonte do claustro, alienación do arquivo e patrimonio documental. Un insólito panorama de perda cultural diante das institucións do país sen que estas reaccionen. Uns días aciagos. Uns días tristes. .

Fonte barroca do claustro

Pequeno bosque de castiñeiros, pomar, laranxeiras, emparrados de kiwis, paseos entre viñas, capeliña do bosque, pozo, lavadoiro cuberto, patios domésticos, bosqueciño de bambú, clausto en U con fonte barroca e hortensias, igrexa gótica, alto campanario barroco, ás de celdas... A reclusión feminina da Idade Media no centro da cidade de Pontevedra.

Claustro renacentista inacabado







domingo, 5 de septiembre de 2021

Xardín emocional

 GLENDA LEÓN

Música das formas, Maco,  (18.06.2021, 31.10.2021)


Xardín emocional, 2011-2021, Herba artificial seguindo un cardiograma, madeira, 110 X 1.500 X 8 cm

MARCO de Vigo



domingo, 11 de julio de 2021

Casa dos Espellos

 Novo número da revista 

CASA DOS ESPELLOS

Pode descargalo exemplar no seguinte enlace:

https://casadosespellos.wordpress.com/2021/06/29/casa-dos-espellos-4-2021/

domingo, 18 de abril de 2021

Xardín das Nereidas, Samos

Admitamos denantes de calquera outra cousa que é a sorprendente figuración escultórica da fonte a que domina o xardín no claustro denominado das Nereidas. Os corpos ondulantes das serpes inclínanse cara ao visitante e cuspen en liquída traxectoria a auga da súa boca inflada. Insólita desde logo estampa neste mosteiro lucense que conta con estas cimbreantes ninfas pródigamente representadas, saíntes da árbore da fonte, alarde técnico e visual que encende ao espectador e paseante do xardín. O festín figurativo nada cicateiro amosa a voluptuosidade e a abundancia das esculturas cos seus xogos de auga brindando un espazo que moi ben se completa -e atopa acomodo- no exotismo das especies vexetais.
Pormenores do xardín das Nereidas, e ciprés milenario que lle da nome á capela do Salvador

Porén o trazado do xardín non parece nada espectacular, pero do que non é doado absterse da atración que supoñen os oito pretos peitos eclipsando verdor e arcos oxivais por igual, que desde logo non lle fan sombra. A vertical da torre do reloxo coa súa coroa metálica que emerxe da fábrica conventual; as especies perennes do xardín sempre verdes, os latexos sonoros das campás; o silencio espectante do espazo,...todo nos remite a esa luxuria discreta e obsequiosa monacal.
A hexemónica presenza das ninfas co seu dificil equilibrio dentro da fonte, canta as virtudes dun mundo mariño cheo de  perigos e de monstros, cando se somete ás influencias da superficie terrestre. Dones e dádivas do hídrico mundo azul, esta auga cantarina que avisa da súa chegada cun escenario no que a danza das serpes transforma en paraíso o xardín.

Xardíns no claustro Grande e das Nereidas
 
Dúas opcións hai para percorrelo escenario mitolóxico do xardín: o paseo discreto baixo as bóvedas e tralos arcos -en secuencia protexida-, e no que as alturas do claustro permiten escudriñalo desde puntos diversos de vista.; ou a achega directa á fonte dos milagres atravesando o campo da herba.

No ano 1946 instalouse no veciño claustro Grande ou de Feijoo a escultura do abade, magnífica obra de Francisco Asorey quedando equilibrada en certa medida ista disfunción que sufria co seu veciño das Nereidas, coa colocación dun grande obxecto e que motivou o remozamento da cruxía do xardín

martes, 2 de febrero de 2021

Granxa da Peregrina, Bertamiráns

A finca "La Peregrina" en Bertamiráns,  foi unha fermosa granxa rural e quinta de recreo do século XIX en San Xoán de Ortoño -hoxe incorporada ao núcleo urbano da capital amiense- que foi propiedade de Javiera García-Barrosa.



En 1911 Jenaro de la Fuente reflectiu nun plano firmado en Vigo o estado que presentaba entón a finca de 5 hectáreas e media de superficie, plano que adicou  aos seus amigos Javiera e Domingo.
Piña sobrevivente no peche de ferro




Roseira no vello pomar e palmeira canaria afectada co picudo


Tratábase dunha estensa propiedade que se desenvolvía intramuros en torno á casa, coa horta, o xardín e o pomar, e fóra deles o frondoso bosque de eucaliptos e carballos. A unidade que entón se veía no plano foi alterada parcialmente nos anos 90 do século pasado ao ser edificado o bosque -previa tala- cunha urbanización de vivendas acaroadas.



Unha verxa de ferro de cor verde titulada co nome da granxa no lintel e dúas piñas de fundición daban acceso ao conxunto dende o norte a través dun longo paseo rectilíneo emparrado que remataba en perspectiva na espadana da capela. Porén o aceso principal tiña lugar de forma directa a través dun patio dende a propia aldea da Peregrina a través do camiño de Ponte Loureiros e Ames.

Fig. 1 Pormenor do plano de Jenaro de la Fuente co bosque de eucaliptos e carballos. No interior da finca o miradoiro octogonal (Arquivo do Concello de Ames. Urbanismo)


A granxa describíase con carreiras e paseos cubertos con emparrados circundando a propiedade, campo de vides en espaller de cepa redonda, horta, xardín reticulado que se estendía cara o nordeste plantado con árbores frutais, e o bosque de eucaliptos e carballos alineados en plantación na parte alta extramuros e que albergaba no seu seo un pequeno miradoiro octogonal (Fig.1)



Hoxe convertida con bo éxito nun ben municipal adopta as funcións de parque urbano e de lecer e incorporou na  súa remoción novos elementos coma un labirinto de buxo ou un estanque de patos.

Solaina leste

Acceso norte e capela ao  final da perspectiva

Emparrado supervivente do trazado orixinal

Labirinto de buxo incorporado a finais dos anos 90