Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.

domingo, 27 de septiembre de 2020

Destrución do xardín das Castaño!, Padrón

Prosegue a destrución no casco vello de Padrón dun novo xardín histórico: o xardín ecléctico das Castaño.

Con orixe nunha das escasas hortas fluviais medievais que se conservaban e que non foran colmatadas coa construción do paseo decimonónico do Espolón, esta fermosa arquitectura amosaba un trazado de buxo en retícula e un plantel de árbores centenarias entre as que salientaba un esbelto trachicarpus fortunei e unha camelia únicos na contorna.

De nada serveu o seu valor natural, a súa situación a carón do rio Sar e o seu afamado paseo, nin tampouco a trama medieval protexida da cidade, o resultado, como sempre pasa coa cegueira urbanística e política é que perde a cultura dun pobo.

viernes, 11 de septiembre de 2020

Bosques de Galicia

Metamorfose do monte galego.
Unha intervención artística de Cristina García Fontán nas torres Hejduk, Santiago de Compostela

Especies invasoras na torre vítrea

Prat de especies autóctonas na torre opaca

jueves, 20 de agosto de 2020

Destrución do xardín do Campo de Conxo

 Tras máis dun cento de anos cualificando un magnífico espazo veciñal de relación social, con paseo de plátanos, campo de xogos e xardín de convivencia entre veciños e internos do hospital, se destrúen os xardíns do Campo de Conxo para (eufemísticamente) recualificar e reconvertir o xardín en praza dura ao servizo dos turistas do todopoderoso Camiño xacobeo

Xardíns do vello Campo de Conxo co muro de pedra que os protexía do tráfico viario.  Fonte: xardinshistoricos


O concelleiro de obras competente admite trala tala pola radio que está triste, o alcalde non cree preocupante o caso por contar xa Santiago cunha extensa superficie arborada, a Administración autonómica explica que o problema o teñen as cotas do terreo (e por extensión supoño o mundo por non ser plano)... e o que resulta de todo isto é un novo autorretrato cruel do noso país incapaz de valorar o seu patrimonio vexetal e onde as árbores e o espazo cualificado do xardín non valen nada. O campo tradicional convertido en praza dura

miércoles, 22 de julio de 2020

Revista CASA DOS ESPELLOS

Novo número da revista
  Casa dos espellos

Betanzos, 2020

Descargue o exemplar en:
https://casadosespellos.wordpress.com/

miércoles, 1 de julio de 2020

O Rexo, Allariz, 1997

Intervención artística de Agustín Ibarrola no bosque de ribeira do Rexo na parroquia de Requeixo de Valverde.

Comunidades de antas, vacas e ovellas nas ribeiras do rio Arnoia.

Gran semicírculo lítico na pradeira do bosque.

Ameneiros de cores no espello fluvial.

Pontella tradicional alintelada para cruzar o rio Arnoia.

Illa fluvial formada polas canles do aproveitamento hidráulico, presa en diagonal e fermoso conxunto etnográfico.

Bosque de ribeira con carballos, salgueiros, ameneiros e piñeiros ao paso polos montes de Cuadraga e Meire.

Presa e azude de derivación augas arriba na Forca.

Granxa e queixería xestionada pola fundación Ramón González Ferreiro.

Agrupación pictórica de ameneiros (alnus glutinosa)

Gran semicírculo lítico na pradeira do Rexo e carballeira de fondo

Pormenor pictórico


Pontella tradicional de 12 vans


Pedra horizontal con fieitos

Paisaxe arnoiesa alaricense


Umbral con monolitos na illa



As pinceladas Ibarrola xunto ao río.


Estalotes de xuño

sábado, 6 de junio de 2020

Cemiterio dos Remedios, Betanzos

Paseo principal transversal

  
Xardín camposanto da igrexa renacentista de Nosa Señora do Camiño ou dos Remedios de Betanzos.

Unha campaniña de avisos acaroada no muro informa do tempo dos defuntos; paseos ordeados rectilíneos delimitados por muretes vexetais... unha mesa de pedra recibe aos cadaleitos; os teixos obedientes verticais apuntan ao ceo e acompañan solemnes o último momento das almas na terra; e un campo interior de sepulturas que cubre e se estende a totalidade da terra.

Un campo maioritariamente de cruces de tódolos estilos e materiais, o sinxelo monumento art deco de Estrella Mellid, os poderosos troncos nervados dos teixos... as citas post mortem gravadas para o recordo.




María Magdalena penitente
1921 de Escudero versus Canova



Dominando a cidade de Betanzos este cemiterio neoclásico aos pés do santuario mariano, deseñouse nun dos bancais do monte da Croa recibindo aos peregrinos a Compostela.

Catorce chameantes teixos, agora centenarios, taiados coma esbeltos cilindros forman a estrutura vexetal deste espazo funerario e delimitan o rectángulo principal no que moran os defuntos.
O muro de contención norte se aproveita para aloxar os nichos en altura mentres que o seu paralelo muro sur se constitúe e habilita como terraza aberta á paisaxe das mariñas e longo paseo rectilíneo.

No centro e eixo do alongado rectángulo que forma a súa planta incorpórase un círculo a modo de rotonda para instalar un dos principais panteóns das ilustres familias da cidade: o túmulo Pita. Pechado con verxa de ferro dótase tamén do seu propio axardinamento interior con cuartos de círculos de buxo e teixos esquinados e constitúe por si mesmo un cemiterio dentro do cemiterio.





Longo paseo sur aberto á pasisaxe




A principal escultura diste parque mortuorio -polo demáis bastante modesto no tocante a imaxinería funeraria- é a fermosa copia en mármore branco da Magdalena Penitente de Antonio Canova (museo municipal de Xénova) neste caso executada por Escudero en 1921. Contando deste xeito Betanzos -ao igual que fixera Juan García vinte anos antes coa parella de leóns do Pasatempo- con outra copia das obras do celebrado escultor trevisano.

Peche suroeste en terraza con pináculo






jueves, 6 de febrero de 2020

O Pasatempo de Betanzos declarado Ben de Interese Cultural!

O consello da Xunta de Galicia declarou esta mañá na categoría de Xardín Histórico ao Pasatempo de Betanzos como Ben de Interese Cultural