Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.

jueves, 20 de agosto de 2020

Destrución do xardín do Campo de Conxo

 Tras máis dun cento de anos cualificando un magnífico espazo veciñal de relación social, con paseo de plátanos, campo de xogos e xardín de convivencia entre veciños e internos do hospital, se destrúen os xardíns do Campo de Conxo para (eufemísticamente) recualificar e reconvertir o xardín en praza dura ao servizo dos turistas do todopoderoso Camiño xacobeo

Xardíns do vello Campo de Conxo co muro de pedra que os protexía do tráfico viario.  Fonte: xardinshistoricos


O concelleiro de obras competente admite trala tala pola radio que está triste, o alcalde non cree preocupante o caso por contar xa Santiago cunha extensa superficie arborada, a Administración autonómica explica que o problema o teñen as cotas do terreo (e por extensión supoño o mundo por non ser plano)... e o que resulta de todo isto é un novo autorretrato cruel do noso país incapaz de valorar o seu patrimonio vexetal e onde as árbores e o espazo cualificado do xardín non valen nada. O campo tradicional convertido en praza dura