ROSAL
DE SAN FRANCISCO
Francisco
Asorey, Monumento
a san Francisco,
1926-1930, Santiago de Compostela
O monumento a san Franciso pódese describir como unha estrutura
piramidal formada por unha acumulación de pedras, que crea unha
composición rocosa de sillares aos que se encarama o santo a
predicar. Aos seus pés e mimetizados coa rocha acoden reis, bispos, e demáis pobo llano, xunto a diversos animais salvaxes e
domésticos entre baixorrelevos vexetais.
Esta
estructura arquitectónica tan potente ten o su complemento no
pequeno rosal que abraza a base do monumento e coida a
predicación do santo. A restauración da obra de Francisco
Asorey que se está levando a cabo terá que dar conta e velar
pola integridade desta obra de arte como suma dos seus valores
inmateriais outorgados ao longo do tempo, e non contemplar
únicamente -de forma reducionista- a obra de canteria.
Neste senso a cobertura vexetal non ataca, non compromete nin
debilita, senón que subraia o seu carácter de obra popular viva que é
froito da devoción ao santo. A masa vexetal disposta como unha coroa arredor do talle pétreo naturaliza o monumento, equilibra a súa
masa e reforza a letura da obra de Asorey servindo de
contrapunto á masa dura do granito.
A mata verde do rosal que circunda a base do monumento, é o monumento, e parte indisociable do mesmo dende
hai décadas. Tamén neste sentido, pódese entendelo rosal
como unha trasposición das ofrendas, (flores, velas, ex-votos e
demáis obxetos de devoción) que aínda se poñen aos pés dos cruceiros e que por tanto conforman a súa propia imaxen. Por eso
mesmo comprendela significación destas formas e usos, faise
necesario para unha mellor conservación da obra de Asorey e a
memoria histórica do monumento acumulada ao longo do tempo.
A forza do rosal protexe ao monumento, cúbreo e peitéao de flores e
funciona coma un manto vexetal capaz de incorporar novos
significados.
A conservación da mata da roseira vese máis que nunca necesaria para
conservala memoria histórica do monumento acumulada ao longo do tempo,
entendido este conxunto como un organismo vivo do que participa no tempo
a natureza cambiante.