II Congreso ibérico de casas solariegas
Vigo, 22-24 de setembro de 2026
Asociación de amigos de los pazos
Diputación de Pontevedra
Xardíns históricos de Galicia. Estudo dos seus trazados. A súa paisaxe. Protección destes bens culturais.

II Congreso ibérico de casas solariegas
Vigo, 22-24 de setembro de 2026
Asociación de amigos de los pazos
Diputación de Pontevedra
Cristina Castel-Branco
Os jardins dos Vice-Reis.
Fronteira
Primeiro volume dunha prevista triloxía adicada aos xardíns portugueses renacentistas, manieristas e barrocos construídos por virreis da India: Penha Verde, Bacalhoa, Ribafría e Fontelo.
![]() |
| Pormenor da portada |
Fronteira, a partir dunha capeliña e un pavillón de caza prexistentes nas matas de Monsanto, en Bemfica, formouse nos anos 60 do século XVII como xardín e quinta de recreo da familia Mascarenhas que celebraba a restauración da monarquía portuguesa en tempos do rexente Don Pedro II.
A partir de modelos netamente italianos (por tipoloxía, con loggias serlianas e incluso a inclusión de tondos escultóricos ao estilo de Luca della Robbia) este palacio despregou un programa iconográfico que cubría de brillantes superficies azulexadas os muros, estanques, foxos, grutas artificiais e casas de fresco onde a auga descendia por fontes, sorprendía en surtidores ocultos, detíñase en láminas que formaban espellos e finalmente regaba as hortas, pomares e viñas.
Á técnica da azulexería sumábaselle a dos embrechados decorando as superficies que non ocupaban os zócalos, con cunchas, restos de porcelana doméstica e cantos rodados formando xeometrías nos muros.
A peza máis espectacular e un dos iconos da xardinería lusa, constitúeo o estanque e a galeria de reis, un paseo entre bustos dos monarcas que se sustenta en arcadas tapiadas cunha serie repetitiva de valerosos cabaleiros a cabalo en corveta.
Este estanque centra o gran parterre de buxo formado ao leste do palacio e que, entre catro desiguais partes puntuadas con estatuas de chumbo, se levanta unha gran fonte que alza no seu cumio o escudo familiar e a esfera armilar, símbolo dos descubrimentos e orgullo do imperio marítimo portugués.
Fronte á fachada sur está o xardín de Venus protagonizado pola figura da deusa elevada sobre tres golfiños enroscados e hoxe rodeada pola coleccion botánica de coníferas que se plantou no século XIX pero que desfixo o trazado primitivo que ocupaba entre outros elementos un labirinto.
O gusto polo coleccionismo clásico ou con reproducións de estatuaria marmórea ten o seu escenario na terraza da capela, un estrano brazo murario que a uníu co palacio e que servíu en nichos unha selección de deuses e fontes, todo un refinamento para cantar ás virtudes e o saber humano.
A complexidade e variedade deste xardín está moi solventemente narrado pola autora do libro, que explica os posibles significados e interpretacións ligadas á épica de Camoes, a súa historia e evolución así como propostas de actuación paisaxística e que conta ademáis cun vasto despregue gráfico. É salientable ademais o prólogo de Fernando Mascarenhas que asina una prudente crítica sobre o libro e as súas carencias interpretativas.
O estenso bosque, o pombal, o estanque dos Loureiros, a fermosa casa circular de fresco co seu estanque curvilíneo aos seus pés, os miradoiros e pérgolas, os traballos topiarios, a azulexería azul e con relevos cobrizos, a estatuaria de mármore e chumbo, a emblemática de Alciato, os macacos e as sereas, a contorna co convento dominico de San Domingos... todo isto ofrece un espectáculo que nos brinda unha obra mestra da arte.
Libro
Días de ocio en la Patagonia
(1893) William H. Hudson
La línea del horizonte ediciones
"...vagaba polo campo... sen propósito algún máis, que o me recrear"
Recordos do quilmeño William H. Hudson dos meses da súa estadía moza en Rio Negro. As chairas... monótonas e grises paisaxes de Río Negro, imperecedeiras para el, en contraste coas que, ainda que, grandes e fermosas, se difuminan no recordo.
Naufraxio do barco na costa de Rio Negro, accidente balístico... e unha natureza plena de cantos de paxaros
Unha prosa elegante (traducción de Ricardo Martínez Llorca)
O lirismo que Hudson experimenta na soedade da Patagonia é o regreso a un estado mental primitivo: a condición mental do verdadeiro salvaxe, en harmonía perfecta coa Natureza. Insistencia hudsoniana en que o salvaxe ten unha mente infantil, (cos prexuízos decimonónicos do civilizado occidente coas comunidades nativas) pois a intelixencia do mundo civilizado sería un obstáculo para a supervivencia.
A esforzada vida do colono no Val do Rio Negro. A loita contra a natureza, sen idealizacións... o nacemento dun pobo. O humanismo de Hudson, a dureza e dificultades da subsistencia acicates da felicidade e a satisfacción humana.
"Me encantaba comprobar que mi mente no necesitaba del estímulo de tantos telegramas diarios o del debate de remotas probabilidades para no entrar en letargo. Las cosas que antes me atraían muy poco eran ahora las dueñas de mis pensamientos, me suministraban gratas emociones. ¡Qué saludable y humano me parecía descubrir el interés por las crónicas del pueblo, la vida doméstica, los placeres sencillos, las inquietudes y luchas de la gente con quién vivía!"
"Porque desde el momento en que las personas empiezan a cultivar la tierra, a introducir el ganado y a matar a los animales salvajes (...) desde ese momento está en confrontación con la naturaleza"
A caza, a vida salvaxe, a natureza, a dureza da vida...
Parabéns a Carmen Añón!
Premio Richard H. Driehaus 2024 polo seu traballo a prol da protección, difusión e onservación dos xardíns históricos e as Paisaxes Culturais.
LIBRO
Joaquín Montero
La Fábrica
Reflexións sobre a rehailitación arquitectónica da fermosa finca agrícola de Zabalaga e o seu palacete anexo, propiedade da fundación Eduardo Chillida e Pilar Belzunce, no espazo actual de Chillida Leku
O libro describe a experiencia e a relación que o arquitecto Joaquín Montero mantivo co artista e a súa muller ao longo dos anos que durou o traballo de conversión do casarío renacentista de Zabalaga no museo de Eduardo Chillida.
O lugar de Chillida, obra do mestre vasco e a súa dona Pilar Belzunce, ocupou un vello casarío tradicional do século XVI en ruínas, o seu espazo agrícola e as construcións anexas (nas que se inclúe un palacete de recreo do século XIX) para aloxar o universo escultórico do artista. O resultado, tan persoal e suxerente, enriquece recíprocamente a historia patrimonial da finca e o traballo do artista vasco.
Non obstante o resultado non deixa de ter un resabio -desagradable en certo sentido- dunha finca aristocrática inglesa ligada a un gran palacio baixo o que se vai despregando unha pradeira de céspede ondulante na que apreciar agrupacións de árbores de grande porte.
Non cabe polo tanto un espazo escultórico crítico coas problemáticas da sociedade urbana actual, a arte efímera e pobres materiais, de denuncia social, novas tecnoloxías e do abuso polo seu control. O parque contemplativo, telúrico, de aceiro, pedra e natureza, existencialista e silencioso oculta a chegada masiva de visitantes, o carácter de finca de recreo e o alto prezo económico destas pezas no mercado da arte.
LIBRO
O ano do xardineiro
Karel Čapek
Rinoceronte editora
Soade, fanfarras da marcha aínda non escrita! Brillade ao sol instrumentos de dourado metal; abouxade, timbais; asubiade, frautas; derramade a vosa melodía, incontables violíns; pois o silencioso xardín marrón e verde emprendeu a súa vitoriosa marcha.
O relato humorístico de Karel Čapek do ano 1929 arredor da vida e traballo dun xardineiro urbano en Chequia cos flamantes debuxos da edición orixinal do seu irmán Josef nunha impecable edición da editora canguesa Rinoceronte.
O humor absurdo que narra a obsesión dun xardineiro de principios do século pasado por plantar, coidar e fermosear a terra e vivir arredor das plantas e flores. Pendente da chegada dos pedidos dos viveiristas, agardando a sempre esperada choiva, preparando a terra no inverno e disfrutar dos botóns e as plantas no seu abrochar. A rega e as pelexas coas mangueiras, a insatisfacción por non poder plantar todo canto hai, os recelos e envexas con outros entendidos e xardineiros veciños, a inquedanza cando un se alonxa do seu querido xardín e a bondade... dun traballador sempre en crequenas.
Ásteres, floxes, campaíñas, dalias, rosas e crisantemos así como cactus, esparragueiras ou colinabos. A inmensa riqueza do xardín literario de Čapek para facer xardineiros. O facendoso protagonista sacha a terra, estércaa e botalle cal, poda, sementa, transplanta, rega e corta a herba e se esquece de contemplalo xardín.
"Bendita choiva, refrescante delicia da auga! Báñame a alma e lávame o corazón, orballo escintilante e frio! A calor fíxome ruín, ruín e nugallán; e pesado, bruto, material e egoísta; a seca fixo que eu mesmo secase e abafase coa carga e o desacougo que levaba dentro. Soade, biquiños de prata cos que a sedenta terra recibe o bater das pingas; atrona veo voador de auga que vas lavando todo ao teu paso...! Ningún milagre do sol está á altura do milagre da bendita choiva."