Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.

domingo, 13 de marzo de 2022

Xardín botánico de Padrón

 XARDÍN BOTÁNICO DE PADRÓN Ben de Interese Cultural (BIC), na categoría de Xardín Histórico segundo a Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia



Un paseo de plátanos en T marca o ton xeral do xardín, que desenvolve aos lados desta alameda dúas metades con parterres diversos e a súa impresionante colección vexetal.

Un cuadrilátero de sebes de azaleas con arcos centrais de entrada e camelias nas esquinas aloxa -nun sinxelo debuxo de buxo- o espectacular exemplar de palmeira do Senegal que é a especie máis icónica do xardín, matriz de pólas.

No estremo leste están plantadas os cipreses calvos, araucarias e palmeiras canarias hoxe atacadas estas pola praga do picudo vermello.

Esta xoia da arquitectura botánica, única nunha vila galega, honra a Padrón como unha das cidades con máis rico patrimonio vexetal da comunidade acrecentado nos seus outros espazos patrimoniais como o Souto, o seu afamado Espolón ou a súa veiga e montes do rio Sar.

Un desafortunado deseño do seu peche de cerramento substituíu nos anos noventa do século pasado as sebes de ligustre orixinais por unha vulgar forxa historicista que compre reformar.

Igualmente, este patrimonio tamén se atopa hoxe en risco pola ameaza dun urbanismo depredador típico dun concello sen planeamento de protección do seu casco histórico e que identifica como o seu principal problema a falta de estacionamento de vehículos.
Ataque do picudo vermello nas palmeiras canarias do xardín botánico



Riscos que porén superou de antigo e que se manifestan hoxe no seu rueiro cunha homenaxe a defensa deste ben, reflectido no nome da rúa Defensa do Xardín Artísitico 

Parterre

No hay comentarios:

Publicar un comentario