Horta do cenobio mercedario de Santa María de Conxo, con máis de 22 Ha. de superficie intramuros adicadas a hortas, campos frutais, xardíns e carballeiras ao pé do río Sar. Reconvertida dende finais do século XIX nun campus sanitario -pioneiro ademáis no tratamento das enfermidades mentais en Galicia- esta finca acolleu en 1856, no seu bosque fluvial e co telón de fondo do convento barroco exclaustrado, o histórico xantar de estudantes e artesáns, no que se brindou pola xustiza social e a loita polos dereitos de tódalas persoas.
Neste lugar, ou nas súas estribacións (identificadas no libro Os últimos carballos do banquete de Conxo) tivo lugar un domingo de inverno de 1856, o Banquete de Conxo, xantar fraternal campestre de estudantes e artesáns polo progreso da patria. As acepcións da propia palabra banquete nos indican o alcance do que foi dito acto, un xantar espléndido no que concorreron moitas persoas para celebrar un acontecemento, a liberdade e a iguladade entre persoas.
A recuperación do mosteiro trala desamortización como sanatorio psiquiátrico, promoveu reformas na finca, entre as cales se conta a creación de longas avenidas e paseos arbolados para lecer e descanso dos pacientes, e dista forma foi publicitada coa edición de tarxetas postais que daban conta do progreso na atención médica destes enfermos. Paseo e descanso polas carballeiras do río Sar cantadas por Rosalía de Castro.
Nestas actuacións de axardinamento do parque do sanatorio de Conxo, aproveitouse unha pontella tradicional existente para levantar no curso do río un cenadoiro sobre o Sar, ampliando o paso cuberto cun templete e substituíndo o muro por unha celosía de forxa artística para protección dos pacientes.
A datación do actual templete -hoxe en proceso de restauración- corresponde á das obras de construción e axardinamento do manicomio, a finais do século XIX e principios do XX, aínda que a pontella tradicional incorporada é anterior, e segue un modelo de fábrica moi abondoso en todo o curso do río: pontella arquitrabada de perpiaño de dous vanos con piar/muro central.
O río constitúese tanto como un elemento para o disfrute e o pracer con este cenadoiro literalmente a cabalo das augas, como presente está a súa consideración económica e utilitaria no represamento do mesmo e no seu uso para a moa do grano e as instalacións de lavado e secado do sanatorio.
Entre outros elementos salientables dentro do parque, existía en particular un recuncho moi especial creado polo romanticismo en torno á coñecida como gruta da Virxe da Cuncha. Este espazo que aloxaba unha imaxe devocional, pechouse a ceo aberto cunha celosía de arcos románicos reutilizados do vello claustro (hoxe desaparecido o tramo central de tres arcos). Dista maneira no devagar polos camiños do Sar atopabase un con esta reconstrución medieval a modo de ruína romántica entre carballos, da mesma maneira en que o facían os agüistas do balneario de Mondariz cando se atopaban coas do mosteiro de Casteláns que engalanaban o novo parque do establecemento. Era unha mostra temperá de recoñecemento e aprezo pola Historia do país, que non destruía as venerables ruínas senón que lles procuraba nova vida arqueolóxica incorporándoas ao itinerario dunha paisaxe pintoresca.
O recinto conventual orixinal abranguía, como xa se indicou, máis de 22 Ha. de superficie intramuros, no que hoxe hai dous hospitais construídos, un heliporto, un centro de saúde, varios camos de fútbol, e dúas grandes igrexas barrocas cos seus cemiterios e co resto de dependencias monásticas; e a propiedade está atravesada por un río que entra e sae varias veces no recinto, e unha liña férrea histórica considerada a máis antiga de Galicia. Toda ista magnitude do construído ao longo do tempo dá unha idea da riqueza cultural que atesoura a propiedade.
Por outra banda non hai que esquecer que o río Sar acolleu históricamente no seu seo, e ao seu paso pola periferia da cidade de Santiago, algunhas das máis importantes construcións do poder civil, militar e relixioso de Galicia (case equidistantes entre sí) como foron a fortaleza medieval da mitra compostelá na Rocha, ou os conventos do Sar e Conxo. Todas elas, construcións magníficas de primeira orde, ás que lles cabe sumar a paisaxe cultural única que teñen conformado, co seu valor etnográfico e mesmo industrial.
Rosalía non era allea a estes vellos complexos monásticos abandoados da periferia urbana compostelá trala desamortización, non era allea á súa decadencia e deterioro natural e físico, e así o cantou en versos de denuncia referidos aos exclaustrados San Lourenzo de Trasouto no río Sarela, e Santa María de Conxo no río Sar.
Este río ao seu paso polos terrenos interiores do mosteiro foi aproveitado económicamente de forma privada e construído con pontes e pontellas para o paso de persoas, cun muíño, lavadoiro e secadoiro e azud de derivación con canle de cemento.
O río Sar saíndo do recinto baixo o Cenadoiro do Sanatorio de Conxo. Vista dende o interior |
Neste lugar, ou nas súas estribacións (identificadas no libro Os últimos carballos do banquete de Conxo) tivo lugar un domingo de inverno de 1856, o Banquete de Conxo, xantar fraternal campestre de estudantes e artesáns polo progreso da patria. As acepcións da propia palabra banquete nos indican o alcance do que foi dito acto, un xantar espléndido no que concorreron moitas persoas para celebrar un acontecemento, a liberdade e a iguladade entre persoas.
A recuperación do mosteiro trala desamortización como sanatorio psiquiátrico, promoveu reformas na finca, entre as cales se conta a creación de longas avenidas e paseos arbolados para lecer e descanso dos pacientes, e dista forma foi publicitada coa edición de tarxetas postais que daban conta do progreso na atención médica destes enfermos. Paseo e descanso polas carballeiras do río Sar cantadas por Rosalía de Castro.
Nestas actuacións de axardinamento do parque do sanatorio de Conxo, aproveitouse unha pontella tradicional existente para levantar no curso do río un cenadoiro sobre o Sar, ampliando o paso cuberto cun templete e substituíndo o muro por unha celosía de forxa artística para protección dos pacientes.
A datación do actual templete -hoxe en proceso de restauración- corresponde á das obras de construción e axardinamento do manicomio, a finais do século XIX e principios do XX, aínda que a pontella tradicional incorporada é anterior, e segue un modelo de fábrica moi abondoso en todo o curso do río: pontella arquitrabada de perpiaño de dous vanos con piar/muro central.
O río constitúese tanto como un elemento para o disfrute e o pracer con este cenadoiro literalmente a cabalo das augas, como presente está a súa consideración económica e utilitaria no represamento do mesmo e no seu uso para a moa do grano e as instalacións de lavado e secado do sanatorio.
Entre outros elementos salientables dentro do parque, existía en particular un recuncho moi especial creado polo romanticismo en torno á coñecida como gruta da Virxe da Cuncha. Este espazo que aloxaba unha imaxe devocional, pechouse a ceo aberto cunha celosía de arcos románicos reutilizados do vello claustro (hoxe desaparecido o tramo central de tres arcos). Dista maneira no devagar polos camiños do Sar atopabase un con esta reconstrución medieval a modo de ruína romántica entre carballos, da mesma maneira en que o facían os agüistas do balneario de Mondariz cando se atopaban coas do mosteiro de Casteláns que engalanaban o novo parque do establecemento. Era unha mostra temperá de recoñecemento e aprezo pola Historia do país, que non destruía as venerables ruínas senón que lles procuraba nova vida arqueolóxica incorporándoas ao itinerario dunha paisaxe pintoresca.
O río Sar ao seu paso polo bosque do Sanatorio |
Por outra banda non hai que esquecer que o río Sar acolleu históricamente no seu seo, e ao seu paso pola periferia da cidade de Santiago, algunhas das máis importantes construcións do poder civil, militar e relixioso de Galicia (case equidistantes entre sí) como foron a fortaleza medieval da mitra compostelá na Rocha, ou os conventos do Sar e Conxo. Todas elas, construcións magníficas de primeira orde, ás que lles cabe sumar a paisaxe cultural única que teñen conformado, co seu valor etnográfico e mesmo industrial.
Rosalía non era allea a estes vellos complexos monásticos abandoados da periferia urbana compostelá trala desamortización, non era allea á súa decadencia e deterioro natural e físico, e así o cantou en versos de denuncia referidos aos exclaustrados San Lourenzo de Trasouto no río Sarela, e Santa María de Conxo no río Sar.
Este río ao seu paso polos terrenos interiores do mosteiro foi aproveitado económicamente de forma privada e construído con pontes e pontellas para o paso de persoas, cun muíño, lavadoiro e secadoiro e azud de derivación con canle de cemento.
A entrada ao recinto facíase para as persoas mediante
portalóns abertos no muro, e mediante pasos ou portas específicas con
arcos para o río orixinariamente pechadas con rexas.
Actualmente estanse a facer obras de accesibilidade pública creando sendeiros en paralelo ao curso do Sar. Porén, uniformizar sen máis un paseo fluvial continuo dende a Colexiata ata a aldea da Fervenza prolongando ilimitadamente unha sección tipo de vial peonil, é un erro por non ten en conta todas as variantes e singularidades das distintas paisaxes polas que atravesa. O tramo do sanatorio ten que manter esa autonomía arquitectónica propia de espazo independente e singularizado polo muro que o cerca.
Este parque ten hoxe unha identidade moi forte construída ao longo do tempo, composta por unha estrutura que formou un territorio fluvial, e un significado emocional pola súa tentativa de loita por un espazo político igualitario a través da poesía. Sumémonos dende logo á súa declaración como Ben de Interese Cultural nas categorías de Lugar Histórico e Paisaxe Cultural.
Bibliografía:
-ALVARELLOS, H., MARTÍNEZ, X., SINGUL, F., e SOUTO, M., Os últimos carballos do Banquete de Conxo, Alvarellos Editora e Consorcio de Santiago (2016), Santiago de Compostela.
-SOLER, LL. e ALGORA, J., A mirada de Anna, Adivina Producciones (2009), 55 minutos

No hay comentarios:
Publicar un comentario