As paisaxes dun centro de saúde
Xardín, espazo público e campo deportivo en Castro de Ribeiras de Lea.
Un campo de fútbol insólito convertido por primeira vez nun xardín, unha pradeira verde que acompaña e na que levita o longuisimo prisma deitado de formigón do centro de saúde da vila, proxecto do arquitecto Fernando Blanco.
![]() |
Vista co campo de fútbol exercendo de pradeira panorámica |
A abstracta planta baixa que o centro decide liberar mostra moi rotunda o seu esqueleto sen aspaventos. Primeiro é o futbol, pero por enriba del está a saúde de todos.
Acerto na configuracion dos espazo publicos e deportivos, que se respetan uns aos outros resultando unha conxunción que liga o deporte á saúde e estes á Natureza, aire libre e ao xardín.
A naturalidade con que se asocia o deporte do futbol (convertido aqui gracias ao prisma sanitario nun deporte sofisticado) á sanacion do corpo fai desta austera pradeira un forte lenitivo urbano.
![]() |
Entrada acompañada polas copas dunha expresiva aliñación de bidueiros |