Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.

martes, 2 de febrero de 2021

Granxa da Peregrina, Bertamiráns

A finca "La Peregrina" en Bertamiráns,  foi unha fermosa granxa rural e quinta de recreo do século XIX en San Xoán de Ortoño -hoxe incorporada ao núcleo urbano da capital amiense- que foi propiedade de Javiera García-Barrosa.



En 1911 Jenaro de la Fuente reflectiu nun plano firmado en Vigo o estado que presentaba entón a finca de 5 hectáreas e media de superficie, plano que adicou  aos seus amigos Javiera e Domingo.
Piña sobrevivente no peche de ferro




Roseira no vello pomar e palmeira canaria afectada co picudo


Tratábase dunha estensa propiedade que se desenvolvía intramuros en torno á casa, coa horta, o xardín e o pomar, e fóra deles o frondoso bosque de eucaliptos e carballos. A unidade que entón se veía no plano foi alterada parcialmente nos anos 90 do século pasado ao ser edificado o bosque -previa tala- cunha urbanización de vivendas acaroadas.



Unha verxa de ferro de cor verde titulada co nome da granxa no lintel e dúas piñas de fundición daban acceso ao conxunto dende o norte a través dun longo paseo rectilíneo emparrado que remataba en perspectiva na espadana da capela. Porén o aceso principal tiña lugar de forma directa a través dun patio dende a propia aldea da Peregrina a través do camiño de Ponte Loureiros e Ames.

Fig. 1 Pormenor do plano de Jenaro de la Fuente co bosque de eucaliptos e carballos. No interior da finca o miradoiro octogonal (Arquivo do Concello de Ames. Urbanismo)


A granxa describíase con carreiras e paseos cubertos con emparrados circundando a propiedade, campo de vides en espaller de cepa redonda, horta, xardín reticulado que se estendía cara o nordeste plantado con árbores frutais, e o bosque de eucaliptos e carballos alineados en plantación na parte alta extramuros e que albergaba no seu seo un pequeno miradoiro octogonal (Fig.1)



Hoxe convertida con bo éxito nun ben municipal adopta as funcións de parque urbano e de lecer e incorporou na  súa remoción novos elementos coma un labirinto de buxo ou un estanque de patos.

Solaina leste

Acceso norte e capela ao  final da perspectiva

Emparrado supervivente do trazado orixinal

Labirinto de buxo incorporado a finais dos anos 90

No hay comentarios:

Publicar un comentario