Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.

viernes, 11 de julio de 2025

Quisiera crear un jardín (y verlo crecer)

 LIBRO

Vicente Todolí (2025)

Quisiera crear un jardín (y verlo crecer). Entre el arte y la tierra

Editorial Espasa


O curator de arte contemporánea Vicente Todolí narra a creación da súa colección de cítricos, nun xardín de Palmera, na comarca de Safor en Valencia, a partir dunha horta familiar e recuperar así a paisaxe valenciana tradicional salvada da agresividade dun urbanismo que sentenciaba estes pagos.

Económicamente rendible, o xardín utilitario serve de espazo de investigación artística, científica e gastronómica que recupera variedades citricas perdidas por pouco atractivas comercialmente e logra unha variedade só posible no contexto da súa forte cultura cítrica familiar.

A arte contemporánea incorporou ademais neste xardín un aviario do artista alemán Carsten Höller que deseñou para xilgueros, verderóns e outras aves canoras. unha gran esfera que se abre perturbadora entre as copas dos cítricos.

Vicente narra a súa formación académica e introdución no mundo da arte contemporánea, o seu traballo profesional na Fundaçao Serralves de Oporto, na Tate Modern Gallery de Londres e no Pirelli BicoccaHangar de Milán, periplo que continúa nesta creacion propia de horta botánica que supón unha volta á paisaxe rural e un legado final.

"Todos tendríamos que construir un jardín, no importa el tamaño, para crear islas, grandes o pequeñas. Y si esos jardines se convirtieran en un archipiélago, la tierra sería un lugar mucho mejor."

No xardín teñen lugar exposicións, investigacións, ciclos de cine de vangarda e poesía (Poecitrics)... recuperando a actividade tan pródiga de arte e cultura asociada a estes lugares. Cidras, limóns, sanguinas, bergamotas, mandarinas, limas, pomelos... centos de variedades, aromas e flores, sabores e sons no xardín El Bartolí.

Aviario do xardín segundo un proxecto de C. Höller