Xardín barroco de fináis do século XVIII que perteneu aos marqueses de Mos. Construido sobre bancais aos pés da ría betanceira, o xardín principal se organiza tomando como punto de partida unha mal colocada escaleira monumental -retorta respecto á casa- que serve ao xardín unha cuadrícula de organización para erguer o tapiz de buxos.
Esta escaleira de granito de dúas ás e voluptuosa balaustrada, está construída con fontes muráis nos descansillos, e xarróns e bustos na súa coroación, constituíndose pois toda ela coma un verdadeiro artefacto hidráulico suxerente e dinámico, que serve de miradoiro e punto dominante para este tramo do xardín.
O eixe monumental baixa ao plantel e se deprega por entre a masa de buxos ata o centro formado por una praciña ou rotonda de palmeiras datilíferas ocupada por unaha fonte con pía circular e chafariz metálico. Este eixo remata físicamente no pequeno cenador octogonal de madeira -cuberto cun rosal trepador-, no límite da plataforma ou bancal, aínda que a súa conclusión esténdeo ata a paisaxe de marismas e chega ata a beira de Paderne.
A supeditación inequívoca da escaleira á traza do xardín xeométrico, indica a relevancia deste repeito á fábrica do pazo, polo tanto se trataría dunha preexistenza física anterior ás obras de reforma barroca da escaleira, en tanto que se sacrifica a súa integración co pazo antes que comprometer a súa articulación co xardín.
Relación do pazo co xardín de parterres |
Os dous trazados románticos que flanquean a cuadrícula de buxos, funcionan asimesmo como bosquetes laterais deste xardín xeométrico, e fomentan, por contraste, o seu desafogo espacial. Se a parte central se alimenta cun predominante cultivo a base de buxo e mirto fundamentalmente; os xardíns laterais se enriquecen cunha variada floresta que enche un espazo denso, de percorridos envolventes e que concentra a atención na súa masa impenetrable composta por una salientable colección vexetal.
O protagonismo do tapiz verde serve para compensar, en certa medida, a espectacularidade da paisaxe da ría. Abandoado pois, ista acompaña en serenidade aos paseos lonxitudinais polo límite da propiedade e así desfrutar do lento corpo do mar adentrándose en terra firme.
No paseo do muro sobre as brañas, destaca en soedade o ciprés de Portugal maxestoso exemplar para o fondo da ría, ao pé dun pequeno recanto-miradoiro.
A carballeira, a estensa horta e outros trazados xardinísticos con incorporacións recentes de arte contemporánea, completan os espazos do amplo recinto intramuros.
.
Sección central do parterre coa ría de Betanzos ao fondo, visto dende a escalinata barroca do pazo |
Cuarteirón suroeste con cadros de figuras de flores, estrelas, escudos heráldicos e lenda debuxados con buxo |
Vista do xardín romántico e de parterres dende a escaleira |
Bibliografía:
-SANCHEZ GARCÍA, J. A., Xardíns das Mariñas, (2008), Fundación Juana de Vega/Asociación G.A.L Terra das Mariñas.
-MARTÍNEZ BARBEITO, C., Pazos, torres y linajes de la provincia de La Coruña, (1986), editorial Everest.
-RODRIGUEZ DACAL, C., e IZCO, J., El pazo de Mariñán. Plantas, jardines y paisaje, (1997) Diputación da Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario