Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.

lunes, 23 de septiembre de 2013

Xardíns do sanatorio de Oza, A Coruña

Farolas modernistas no miradoiro do parque
Xardíns compostos a principios do século XX na honra do director xeral de sanidade Manuel Martín Salazar. Os trazados de parterres baixaban desde o portalón de ingreso, diante da casa da portería, ata os propios pavillóns do sanatorio. 

O vial de acceso dividia orixinariamente en duas partes o trazado de buxos. No centro de todo o conxunto áchase a pequena imaxe clásica do espiñario levantada sobre un pedestal cúbico. En torno a esta figura dispóñense os catro cadros de buxo circunscritos nun contorno triangular e no que se erguen as árbores ornamentais do parque: palmeiras canarias, camelios, drácenas, cedros. O outro trazado de buxo colindante ao sur, desapareceu coa construción do novo volume do sanatorio a finais do século XX.

O homenaxeado doutor Salazar aparece no parque nun busto de bronce incorporado a un banco de fábrica de estilo ecléctico seguramente construido polo propio Pedro Mariño nomeado na placa dos oferentes.

O Espiñario no parterre da entrada
No resto do parque, en forte declive cara o mar de Oza, plantanse un bo número de eucaliptos e mimosas enmarcando desde os camiños as vistas ao porto e a cidade. Porén a desaparición dos barracóns deixou no centro un vacio convertido agora nunha estensa pradera verde.

A riqueza cultural deste espazo inclue unha igrexa románica, restos dos baluartes defensivos da costa coruñesa, o parque hospitalario modernista, o pequeno faro de Oza, os paseos de plátanos do camiño das Xubias,  e sobre todo a paisaxe -algo degradada non obstante- das instalacións do porto, a nova praia artificial,  etc
Banco de Pedro Mariño co busto de Martín Salazar
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario