A recente desaparición do
cactus columnar no Milladoiro tráenos á mente o pensar cómo
se está construíndo a paisaxe urbana da nosa cidade contemporánea ao marxe das plantas, e se é factible un espazo
público orfo destes organismos vivos.
O problema é incómodo
porque nos retrata como sociedade por moito que se armonice despóis o ambiente urbano con efímeras xardineiras de plantas vivaces
O cactus do Milladoiro
querido e prezado por tódolos veciños pola súa forza, vellez e
desenvolvemento vexetal, podía considerarse como un éxito do espazo
urbano non proxectado, e unha auténtica icona natural da rúa
Rosalía de Castro. O seu acomodo nunha zona urbana hostil o convertía nun resistente cultural que reivindicaba outra forma posible de
actuar nas nosas cidades.
Con todo o anterior,
ben se podería haber procedido a amplialas beirarrúas en detrimento das
prazas de aparcamento adxacentes, se a fluidez do tráfico peonil se
houvese invocado como causa da tala; ou ben se houbese podido
protexela estrutura arbórea da planta con algún recurso
arquitectónico axeitado, se a seguridade do peón fose o motivo.
Pero o máis realista e incómodo quizáis, é pensar que se
cortou a árbore porque simplemente foi visibilizado como un
estorbo para as persoas.
Coñecedora da historia da retirada do cáctus do que se fala, indicar que non foi cortado, foi retirado polos donos do mesmo, a instancia da administración, e foi prantado nun terreo moi preto da ubicación orixinal, non foi cortado, o cactus segue vivo
ResponderEliminar