A
peza principal do xardín era un parterre levantado trala fachada
traseira do pazo, construído nunha terraza con vistas ao recinto monumental intramuros, e con escaleiras laterais a
ámbolos lados que descendían cara ao resto da horta.
Do parterre principal trala casa arraca lateralmente un trazado en cruz de sebes de buxo con centro nun pequeno estanque circular. Este axardinamento acolle tamén un plantel con tuias e unha araucaria, e ten remate visual nun cruceiro de pedra.
O pequeno rego que penetra na finca e lle surte de auga debuxa un percorrido arquitectónico que finaliza nun estanque ovalado con illotes de xunqueiras -crocodilo incluído posteriormente- e fonte adosada central en escaleira de tres panos semicirculares.
Outros ámbitos do xardín formábanos diversos espazos con bancos e mesas de pedra entre camelios e cedros, hoxe tamén moi alterados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario