Ao mal estado de conservación xeral dos restos do parque enciclopédico que puideron ser salvados a finais do século pasado, únese agora a caída parcial do lenzo leste do Estanque da Gruta.
Iste estanque era a porta de entrada ao recinto superior sobre o que se expandía o proxecto Naveira pola faldra do monte. Por medio dun paso elevado acaroado sobre o antigo Pavillón do Octógono se salvaba o camiño público, e se atopaba un de súpeto co baleiro do estanque da gruta, nun deses efectos sorpresivos tan caros aos seus promotores.
Pavimento da rolda interior do Estanque do Retiro |
Acceso principal ao recinto superior do parque a través do Estanque da Guta |
Vista xeral do estanque cos lenzos derrubados en febreiro de 2017 |
Ista gruta que lle da nome, responde ao
xogo de comunicacións soterradas do parque que derivan finalmente nela
pola Boca do Inferno, nun estanque irregular e en esquina, e que ten
tamén un paseo de rolda inferior que circunda a lámina de auga.
Un
estanque moi complexo nas súas comunicacións e accesos, e que foi ademáis
dotado dunha epidermis zoolóxica de animais en relevo e grecas
decorativas con pedras e cunchas mariñas.
O estado de conservación deste Xardín Histórico declarado, ou alomenos incoado, coma BIC, é malo, e o seu futuro coma sempre ao traspés do seu deterioro. Cómpre actuar na súa restauración e de paso aproveitalo momento para facer unha restruturación dos danos provocados en anteriores actuacións técnicas desafortunadas.
Escalinata de baixada ao Estanque do Retiro |
No hay comentarios:
Publicar un comentario