Consúmase a destrución na rúa Longa do xardín ecléctico
de Maruja Sanmartín.
Na
principal rúa do seu recinto histórico, na esquina da praza de
Macías, fronte ao vello cine La Torre, e apenas uns metros da
ilustre casa do concello, este pequeno espazo era ata fai uns poucos
un engaiolante xardín decimonónico creado pola culta burguesía
padronesa, que, aínda que abandoado, todavía se conservaba intacto despóis de cen anos.
Intacto ata que a curiosa rehabilitación autorizada polo concello de Padrón o
destruíu.
Invisible patrimonio cultural que non se debeu percibir: o
camelio centenario que extendía a súa copa de cor na invernía, os
muros históricos de pedra que o delimitaban e que sombreaban un dos caleixóns
más pintorescos da vila, o cenadoiro de ferro cupulado cuberto de
enredadeiras, os pedestais e mesas de pedra, os debuxos con sebes de buxo, e
a vexetación ornamental coas palmeiras que acompañaban as galerías acristaladas da
fachada posterior. Nada disto foi percibido, e polo tanto, o remanso de
arquitectura vexetal acabou irremediablemente convertido nun vulgar
patio traseiro de garaxe.
Nin
as cautelas sobre a súa protección cultural mentres se tramita a
aprobación do seu Plan Especial -obriga lexislativa- nin a cercanía
das oficinas municipais impediron a destrucción deste pequeno
espazo natural no corazón do casco vello padronés.
Elevar
a un rango menor o patrimonio galego dos xardíns, a agresividade do
cambio de uso (dunha parcela arbolada a un parking raso), o fomento
do uso do vehículo polo interior das tortas calexas do casco antiguo, a
perda de patrimonio natural, o empobrecemento da imaxe urbana...
realmente testouse a destrución deste xardín e as afeccións sobre
o conxunto? Que estratexia de protección está elaborando o xa para
longo Plan Especial?. Analisa e garante este documento a conservación
das hortas, agras, xardíns e paisaxes fluviais da ribeira sarense? Seguirá a mesma estela o resto de xardíns e hortas do interior do recinto protexido?
O
esmorecemento dun tempo cultural que non foi quen de se conservar, as
ilustres e valiosas hortas domésticas do recinto intramuros en pugna
polo aproveitamento urbanístico cos vehículos, o nunca visto!, a
mediocridade dunha edificación inmobiliaria que se abre paso nos
rueiros do conxunto histórico, o mapa emocional rosaliano
desventrado ao que pode sumárselle á conta o sucedido co Arretén.
Anular
a espesura e complexidade destes bosques urbanos, para quen o quixese
considerar, achará que o grave e horrible saneamento é cousa que
cumpre moito nesta vida, no que o desfacer é tan doado, e doada
é a baixada ao abismo, di Virxilio.
Propoño
que sigamos convertendo a totalidade do casco vello, suprimindo as
vivendas, nun parking amplo e cómodo. Non teremos onde vivir pero
teremos onde aparcar. O souto é un claro exemplo.
Inicio das obras de destrución do muro do xardín, estado de fai un ano |
Catálogo
florístico do xardín centenario:
Buxus
sempervirens
Camellia
japónica
Hydrangea
Laurus
nobilis
Lonicera
caprifolium
Trachicarpus
fortunei
Wisteria
sinensis
No hay comentarios:
Publicar un comentario