Bautizados co eufemísticamente nome de 25 Anos de Paz, estes xardíns públicos incorporaron no seu deseño lineal unha interesante colección de estruturas de formigón armado, a modo de mobiliario de xardin, formando pequenos templetes abertos de rechamantes cores, nos que se fundían baixo parasoles circulares, bancos e mesas abertos á paisaxe do río Bibei.
Situados na aba sur do monte do castelo, nun dos pechados meandros que forma o río ao seu paso pola fermosa cidade histórica de Viana do Bolo, estes xardins son un privilexiado miradoiro sobre todo o val de San Cibrao, e pouco comúns na súa tipoloxía urbana racionalista.
Construídos en parte froito do despegue hidroeléctrico da zona, as icónicas tres sombrillas de formigón son hoxe unha marca xenuina da modernidade galega aplicada ao deseño dun xardín, e pódense ver incluso baixo a estela das famosas árbores de Mallet-Stevens da Exposición de Artes Decorativas de París de 1925.
Un paseo central sombreado de plátanos, o paseo de Sarito, divide en dúas metales lonxitudinais o espazo, ámbas con estreitos parterres de buxo deixando a parte correspondente co balcón puntuada polo dobre piar das antucas.
Temos outras sombrillas ilustres de formigón no noso patrimonio cultural do século XX, das que podíamos salientar o paraugas do Temple antes da súa reconstrución ex novo fai uns anos. Estas tres vianesas, azul, vermella e verde, forman porén unha valente arquitectura perfectamente conservada, aposta polo progreso que proporcionan os novos materiais, e o optimismo dun pobo.
Poden relacionarse así mesmo, por analoxía no deseño do parque e dos templetes, co interesante parque de Porrúa en Asturias, construído nos anos 30 do século pasado por Agustín Ortiz, que optou por un modelo de xardín de planta central con coroa circular de plátanos, e un templete de formigón no medio a modo de palco de música.
O xardin comeza nun eixo case ao pé da casa do concello, continua formalizado con parterres na parte central do miradoiro coincidinte co casco vello, e se prolonga xa como paseo de plátanos cara o cemiterio e o meandro do río embalsado.
O deseño do petril moi sinxelo, para non competir coa paisaxe, alterna fábrica de pedra revocada pintada de branco, e perfis circulares de aceiro, e incorporaba novedosamente unhas luminarias, hoxe parcialmente desaparecidas.
Lousas circulares de formigón dos parasoles |

Antuca de cor azul |

Antuca de cor verde sobre a paisaxe do Bolo |
No hay comentarios:
Publicar un comentario