A finca "La Peregrina" en Bertamiráns, foi unha fermosa granxa rural e quinta de recreo do século XIX en San Xoán de Ortoño -hoxe incorporada ao núcleo urbano da capital amiense- que foi propiedade de Javiera García-Barrosa.
En 1911 Jenaro de la Fuente reflectiu nun plano firmado en Vigo o estado que presentaba entón a finca de 5 hectáreas e media de superficie, plano que adicou aos seus amigos Javiera e Domingo.
 |
Piña sobrevivente no peche de ferro |
 |
Roseira no vello pomar e palmeira canaria afectada co picudo |
Tratábase dunha estensa propiedade que se desenvolvía intramuros en torno á casa, coa horta, o xardín e o pomar, e fóra deles o frondoso bosque de eucaliptos e carballos. A unidade que entón se veía no plano foi alterada parcialmente nos anos 90 do século pasado ao ser edificado o bosque -previa tala- cunha urbanización de vivendas acaroadas.
Unha verxa de ferro de cor verde titulada co nome da granxa no lintel e dúas piñas de fundición daban acceso ao conxunto dende o norte a través dun longo paseo rectilíneo emparrado que remataba en perspectiva na espadana da capela. Porén o aceso principal tiña lugar de forma directa a través dun patio dende a propia aldea da Peregrina a través do camiño de Ponte Loureiros e Ames.
 |
Fig. 1 Pormenor do plano de Jenaro de la Fuente co bosque de eucaliptos e carballos. No interior da finca o miradoiro octogonal (Arquivo do Concello de Ames. Urbanismo)
|
|
A granxa describíase con carreiras e paseos cubertos con emparrados circundando a propiedade, campo de vides en espaller de cepa redonda, horta, xardín reticulado que se estendía cara o nordeste plantado con árbores frutais, e o bosque de eucaliptos e carballos alineados en plantación na parte alta extramuros e que albergaba no seu seo un pequeno miradoiro octogonal (Fig.1)
Hoxe convertida con bo éxito nun ben municipal adopta as funcións de parque urbano e de lecer e incorporou na súa remoción novos elementos coma un labirinto de buxo ou un estanque de patos.
 |
Solaina leste |
 |
Acceso norte e capela ao final da perspectiva |
 |
Emparrado supervivente do trazado orixinal |
 |
Labirinto de buxo incorporado a finais dos anos 90 |