O impresionante mar pétreo de Man |
Traballar desde a marxinación, a loita na heterodoxia, desde o desarraigo, á marxe social pero nun medio natural poderoso e cautivador. Construir a paisaxe con forzas que teñen que resistir o embite que supón a incomprensión e a propia natureza.
Manfred Gnädinger reconstrue a costa galega nun acto ensimesmado que vai a subraiar redundantemente a forza da paisaxe, levantando cumios, rochas que isa mesma paixase xa posúe en Sabadelle e Riba dos Pozos.
As múltiples consecuencias deste acto de insubordinación traerá consigo paradoxalmente o rotundo éxito da proposta paisaxística de Man, a partires precisamente do seu fracaso por aceptalo convencionalismo das canles formais que o censuran. Estrano dilema para o visitante de si favorecela ou manterse ao marxe. Tería a mesma aceptación unha proposta similar desde posicionamentos institucionalistas? está claro que non, polo que o asunto nos fai reflexionar canto ten de mítico e canto se lle usurpa ao autor a inquedanza solitaria e aillada da súa obra. Ben é certo que a conversión museística xa partira del mesmo e a fomentase. En todo caso esta confusión enriquece seu traballo
É modesto ou é ambicioso; é forte coma o granito do que está feito pero fráxil aos embistes do mar; é xardín, é un museo, unha escultura fragmentada en anacos pola costa; a invención dun mundo fantástico, a obra dun marxinal visionario...
A fusión co mar presente e nítido, e a atmosfera nebulosa; a fusión coa flora autóctona que coloniza seus intersticios. Camelle está perdido, todo isto levou consigo ao que poucos xa non poden dar máis que por certo: todo isto produceu a manfredización de Camelle, e a esta só lle queda rendirlle tributo ao seu chamán.
Como único icono recoñecible o pequeno obelisco erixido polo apiamento de pequenas rocas redondeadas, que co seu clasicismo triunfa entre as demáis estruturas.
Herr Gnädinger trunfa porque o cremos libre, afortunadamente.
Impresionante mar pétreo de Man.
Bibliografía:
SOBRINO MANZANARES, M.ª L., (2006) en Nuevas viones del paisaje. La vertiente atlántica. CGAC, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
DE LLANO, P. (Comisario), (5 outubro 2012-31 marzo 2013), Exposición A balea negra, en MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

Obelisco icono vertical do xardín; suxerentes espazos involuntarios da Administración Pública; e a plástica densidade do xardín de Man |
SOBRINO MANZANARES, M.ª L., (2006) en Nuevas viones del paisaje. La vertiente atlántica. CGAC, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
DE LLANO, P. (Comisario), (5 outubro 2012-31 marzo 2013), Exposición A balea negra, en MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario