Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.

lunes, 31 de diciembre de 2012

Xardín do asilo, Pontedeume

Vista do "primeiro andar" do teixo,
levantado a 3m. de altura sobre o chan





Xardín do asilo das Irmanciñas dos Anciáns Desamparados en Pontedeume, con orixe na vella horta conventual e que conserva uns dos fermosos exemplares de teixos habitados da bisbarra, con un volume taiado máis sinxelo formalmente, pero igual de sofisticado que o seu homólogo tenreiro.

O xardín está constituido por unha praza de palmeiras na beira máis próxima á casa, e unha zona máis estensa organizada en cadros de herba, e arbustos nos seus lindes, nos que destacan os fermosos exercizos de "ars topiaria" feitos con buxo e evonymus. Toda iste amplo espazo, agora axardinado, sustitúe á horta e campo de cultivo do asilo, e testemuña destes usos é o hórreo que aínda se conserva nun lateral xunto con outras dependencias anexas.

O caracter de xardín sacro queda patente na súa formulación como parque relixioso, na incorporación no paseo de sinxelas figuras devocionais de escultura vexetal e mesmo en pedra: copóns, cruces, pavos reais, cervos, galos, fontes..., e a propia virxe dos desamparados padroa da orde saíndo ao encontro dos paseantes no paseo central.

Na parte baixa da finca conservase a traza máis antiga do xardín, un pequeno recanto -separado orixinalmente da horta por unha balaustrada- con camiños delineados con buxo e que aloxa á xoia botánica do asilo: o teixo centenario construido como miradoiro sobre a ría de Pontedeume. Unha estreita escaleira de formigón permite o ascenso aos dous andares construidos no interior da copa, formados por plataformas circulares de madeira que abrazan ao tronco e que se apoian nas ramas.


A construción do teixo en dous andares crealle unha pomposa forma, de perfil inconfundible á arbore e a converte nunha icona na vila dos Andrade. Porén é magoa o desdebuxado natural da súa copa a causa do non doado mantemento da poda, e a perda da súa relación co mar coa apertura da rúa Ricardo Sánchez.

A vila soubo sempre protexer paisaxísticamente a súa relación coa ría, e así temos fermosos exemplos de xardíns como os de Lombardero á carón do vello torreón, a alameda de Raxoi, ou a finca dos Tenreiro co seu famoso teixo no rio Covés.

 O antigo asilo de anciáns de Pontedeume reponde á espansión da orde das Irmanciñas dos anciáns desamparados, desde fináis do século XIX por toda España e América, e segue o modelo de padroado filántrópico (os fundadores son enterrados na cripta da igrexa no propio edificio construido ás súas espensas) e que delega á xestión á orde relixiosa.



 Xardín inferior de buxos


No hay comentarios:

Publicar un comentario