Xardín decimonónico, finca de recreo da familia Calderón en Vilaboa. Forma parte dun interesante conxunto arquitectónico formado por seis vivendas burguesas emprazadas en amplas fincas ao pé da ría de Arousa entre Vilagarcía e Vilaxoán. A construción da vivenda estival faise nun balcón sobre a praia, brindando o acceso e cara principal á ria.
Desde o portal de entrada -no núcleo de Vilaboa- a avenida principal desdóbrase en dous brazos arborados de plátanos que rodean á villa. Líneas inclinadas e curvas das ramplas-paseos que desembocan diante da fachada do mar.
A propiedade alóngase cara a punta do Ferrazo limitando co mar nun alto muro abalaustrado rematado no seu punto esterior cun interesante cenador de ferro de planta circular e cupulín nervado de remate.
O forte declive do terreno fai que practicamente a única superficie plana sexa a estreita banda do balcón sobre a praia, que se axardina formalmente con cadros e borduras de buxo e paseos de loureiros.
A finca non estimula un percorrido polo propio xardín, xa que posto que a casa está concebida únicamente para ser contemplada desde o mar, se lle dá prioridade a esta relación e á presenza do macizo de Xiabre ao lonxe. É curioso que empapada e saturada da presenza da ría, quedase ista agora reducida á tranquila balsa actual, vital para manter o seu reflexo no espello.
Como era habitual en moitas destas casas a fachada principal flanquéase con dúas palmeiras canarias, das que hoxe subsiste unha. A cercanía da casa acolle as principais especies ornamentais do xardín (trachicarpus, plátanos, magnolios, teixos, tilos, camelios... en pequenos trazados románticos de buxo hoxe parcialmente desaparecidos), mentres que o desnivel do monte recibe a masa xeral disposta do pinar.
A parte superior da finca reservase ao ámbito doméstico e de servizo, cos edificios das cocheiras -xunto ao portalón de entrada- as vivendas dos caseiros, lavadoiros e outras dependencias. O campo horticola desta zona queda separada dos paseos por unha parede vexetal de loureiros.
A pesares do seu estado de abandono a finca aínda conserva parte dos
seus elementos orixinais máis significativos como as luminarias de ferro
fundido, a pequena casa dos botes para dar paseos pola ría, os dous portalóns cos enreixados e os anagramas familiares, e sobre todo
o fermoso miradoiro de ferro estratéxicamente situado e convertido nunha das iconas da fachada atlántica urbana de Vilagarcía.
O valor paisaxístico deste conxunto de fincas é indubidable e mantén unha rica tradición residencial ao borde do mar, xa comezada co pazo de Vista Alegre das que estas edificacións, salvando as distancias, poden verse como sucesoras.
Desde o portal de entrada -no núcleo de Vilaboa- a avenida principal desdóbrase en dous brazos arborados de plátanos que rodean á villa. Líneas inclinadas e curvas das ramplas-paseos que desembocan diante da fachada do mar.
A propiedade alóngase cara a punta do Ferrazo limitando co mar nun alto muro abalaustrado rematado no seu punto esterior cun interesante cenador de ferro de planta circular e cupulín nervado de remate.
O forte declive do terreno fai que practicamente a única superficie plana sexa a estreita banda do balcón sobre a praia, que se axardina formalmente con cadros e borduras de buxo e paseos de loureiros.
A finca non estimula un percorrido polo propio xardín, xa que posto que a casa está concebida únicamente para ser contemplada desde o mar, se lle dá prioridade a esta relación e á presenza do macizo de Xiabre ao lonxe. É curioso que empapada e saturada da presenza da ría, quedase ista agora reducida á tranquila balsa actual, vital para manter o seu reflexo no espello.
Como era habitual en moitas destas casas a fachada principal flanquéase con dúas palmeiras canarias, das que hoxe subsiste unha. A cercanía da casa acolle as principais especies ornamentais do xardín (trachicarpus, plátanos, magnolios, teixos, tilos, camelios... en pequenos trazados románticos de buxo hoxe parcialmente desaparecidos), mentres que o desnivel do monte recibe a masa xeral disposta do pinar.
A parte superior da finca reservase ao ámbito doméstico e de servizo, cos edificios das cocheiras -xunto ao portalón de entrada- as vivendas dos caseiros, lavadoiros e outras dependencias. O campo horticola desta zona queda separada dos paseos por unha parede vexetal de loureiros.
Cenador de ferro sobre a ría, constituido xa coma unha icona urbana da vila |
O valor paisaxístico deste conxunto de fincas é indubidable e mantén unha rica tradición residencial ao borde do mar, xa comezada co pazo de Vista Alegre das que estas edificacións, salvando as distancias, poden verse como sucesoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario