Xardín inglés de finais do século XIX, no pazo de San Sadurniño no lugar do Casal. Construido nas suaves ladeiras do río Grande de Xubia disponse tralas fachadas do pazo e convento familiar nunha ampla pradeira da que emerxe a fermosa arboreda do parque, incorporándose á paisaxe agraria do bosque e prados de ribeira.
Vista xeral do xardín co lago do illote, e pedestal con xarrón restaurado. Ao fondo a introdución da paisaxe nos xardíns |
Recentemete adquiridos polo concello, aborda este agora o reto da xestión dun parque histórico ao converter este ben cultural nun parque municipal aberto ao público. Polo tanto é importante que a estrutura institucional que agora o vai habitar preserve os seus valores paisaxísticos e evite o esceso que por exemplo o uso masivo dun mobiliario alleo ás características do parque poida causar.
A marquesa promoveu en Madrid a construción do monumento ao Sagrado Corazón de Xesús en Xetafe obra de Aniceto Marinas e Carlos Maura en 1919: e á súa propiedade pacega trasladou copia un ano despóis colocándoa nunha illa do estanque superior. Agora esta peza importante do xardín corre o risco de desaparecer del. Cómpre entendela singularidade desta peza na historia do xardín e desde logo protexela súa integridade, tendo en conta ademáis que é unha obra senlleira da escultura pública de principios do século XX instalada nun pequeno xardín privado.
O parque estruturase cunha sucesión de tres estanques que acompañan ao paseo por entre as árbores. O primeiro máis próximo á casa é circular e co mencionado monumento ao Sagrado Corazón; o segundo descompón a súa forma nun óvalo con tres escalóns en cascada; e o último xa presenta unha formato liberado da xeometría formando unha lagoa irregular con illote no medio, e bordes de rocalla.
Entre o arborado existente destacan os grupos de camelios, magnolios, trachycarpus, as aliñacións de plátanos, cipreses e sobre todo as cinco grandes palmeiras canarias que forman o teito do xardín. Todo nunha disposición de masas estudada para configurala paisaxe do xardín, e ser contemplada desde a solaina do pazo. Os trazados dos paseos circulares que discorren envolvendo espazos, acompáñanse de xarróns levantados sobre pedestais, ata chegar ao portalón de ferro de saída esterior á veiga.
Axonometría do xardín |
Restos conservados do uso agrario da veiga, anterior á transformación paisaxística do xardín, son os galpóns anexos e horreo na parte alta da finca, xunto á estrada, e que é necesario rehabilitar como un dos elementos importantes da mesma.
O proxecto paisaxístico da marquesa, máis ambicioso que o estrictamente referido ao xardín do seu pazo, incluía ademáis diferentes actuacións polo territorio circundante: no propio río Grande de Xubia, e sobre todo nos chamados Montes da Marquesa. Estes bosques de varias hectáreas de superficie de masa forestal estaban sendo repoboados con gamos e pavos reais, entre outros agasallos reais, para disfrute pintoresco e cinexético da aristocracia que visitaba o pazo. Do que dan fe as tarxetas postais impresas da época que aínda se conservan, pioneiras na descrición deste mundo de lecer e da súa paisaxe: Parque e casa; Ponte da marquesa; A cascada; Avenida do bosque; Fraga nas posesións dos duques; A fraga e o carballo da condesa... actuacións coidadosamente reflectidas nestas mostras colombófilas da época.
A adscrición deste proxecto paisaxístico ao ambiente cortesán de Madrid é indubidable, como proba a intervención de Aniceto Marinas como escultor nel, e incluso Asterio Mañanos como pintor encargado de decorar o interior do pazo con reproducións dos Velázquez instalados na Torre da Parada mostrando os retratos de Felipe IV e o prícipe Baltasar Carlos como cazadores. Determinacións que fixan as aspiracións e o carácter das posesións desta nobreza rural.
A adscrición deste proxecto paisaxístico ao ambiente cortesán de Madrid é indubidable, como proba a intervención de Aniceto Marinas como escultor nel, e incluso Asterio Mañanos como pintor encargado de decorar o interior do pazo con reproducións dos Velázquez instalados na Torre da Parada mostrando os retratos de Felipe IV e o prícipe Baltasar Carlos como cazadores. Determinacións que fixan as aspiracións e o carácter das posesións desta nobreza rural.
Abordar finalmente a recuperación deste xardín debe ter como punto de partida un estudo
completo e riguroso do mesmo, rehabilitando os camiños orixinais do parque,
replantando os macizos de flores de borde dos parterres, recuperando a traza do pequeno xardín do patio interior, e levando a cabo a reintegración do arbolado perdido. Así como non introducir elementos discordantes que lesionen a apreciación e letura deste ben, como son os novos camiños en liña recta que atravesan agora o parque, inéditos desde logo neste parque pasisaxístico.
Destacar
por último no cercano mosteiro do Rosario a gran escaleira barroca da
horta que baixa desde a fachada do mosteiro ata a fonte, formando unha
resolta e contundente escenografía.
Bibliografía:
- MARTÍNEZ BARBEITO, C., Torres, Pazos y linajes de la provincia de La Coruña. León
- http://ofacistol.blogspot.com/
- http://secundinogarciacasal.blogspot.com.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario