Xardín romántico de sebes de buxo e camelias do adro parroquial de Santa Baia.
O templo clasicista do ano 1881 -levantado polo párroco Tomás Ballesteros Gil- ordeou sobre sí un espazo sacro con cemiterio regular cercado, casa de fábrica, e un pequeno xardín de camelias cun trazado xeométrico en buxo sobre a terraza sur do camiño.

Todo enmarcado nas fermosas vistas do val do río Ulla, co rechamante fondo mineiro no alto, da banda rasgada da Cruz do Couto, da Pena do Corvo e de Riba das Zancas.
Poucos exemplares se conservan dos vellos xardíns parroquiais, dos cales iste é un bo exemplo entre os cales cabe destacar o xardín amahiano no val do río Tambre da casa parroquial de Lens, que ao igual que iste conserva se cabe aínda máis frondosas camelias de porte espectacular.
![]() |
Para a formación dos bancos nos paseos recurrese ás vellas lousas de pedra do antigo cemiterio |
![]() |
Entrada ao xardín dende o camiño sur |
![]() |
Paseo central |
No hay comentarios:
Publicar un comentario